Ribadeo, 7 de xuño de 2017. Doce mestres de Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) participan estes días nas últimas saídas formativas da tempada en Holanda, en Italia e en Estonia. Fano ao abeiro do programa Conocimiento y Formación para la Empleabilidad.
Catro profesores atópanse en Utrecht (Holanda) do 5 ao 11 de xuño, onde visitan centros de ensino, empresas e cidades como Amsterdam. Outros catro mestres están nas mesmas datas en Pontevico (Italia) cun programa formativo coordinado pola empresa de acollida Multicar, con actividades de visita a centros educativos, a empresas como Spanesi, Ducati, Lamborlli e a diversos museos de vehículos clásicos. Nesta saída realizan tamén encontros con profesores de Bressia sobre o fracaso e o abandono escolar na FP. E outros catro profesores de Apaga atópanse do 5 ao 9 de xuño en Kuressaare (Estonia), onde acoden a coñecer empresas relacionadas coa automoción e tamén a centros de ensino.
Apaga está a aproveitar estas viaxes para dar a coñecer os atractivos turísticos do norte de Lugo, dentro do proxecto de internacionalización no que leva meses traballando. Álvaro Doural, o seu presidente, subliña que “estamos a distribuír nestas saídas formativas do profesorado exemplares da guía The North of Lugo, editada por esta asociación e por Faro Norte Comunicación”. Os encantos do norte da provincia de Lugo xa chegaron a países como Francia, Dinamarca, Croacia, República Checa, Portugal, Finlandia, Alemaña, Austria e agora a Holanda, Italia e Estonia.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



