Lugo, 7 de xuño de 2017.- O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que desde hoxe poden solicitarse as axudas da Xunta para a reparación, rehabilitación ou adaptación de edificios de vivendas protexidas.
En particular poden beneficiarse destes apoios aqueles edificios promovidos pola Consellería de Infraestruturas e Vivenda ou transferidos polo Estado á Comunidade Autónoma de Galicia (vivendas de promoción pública).
O Goberno galego destinará para este fin un millón de euros, dun orzamento total que supera os 5,7 millóns se sumamos a estas axudas as actuacións directas en vivendas da súa propiedade adxudicadas en alugueiro
A tipoloxía dos traballos a subvencionar é moi variada, desde obras de mellora da accesibilidade, ata a reparación ou mellora dos servizos como a rede de auga, telefonía, electricidade, saneamento e outros traballos máis complexos nas fachadas. Tamén se financiarán obras que proporcionen ao edificio estanquidade fronte á choiva e á humidade, illamento térmico e acústico, así como a mellora das instalacións de calefacción.
A contía das axudas será do 60% do importe do orzamento protexible da actuación. As comunidades de propietarios de vivendas de promoción pública interesadas nestas axudas dispoñen dun prazo de dous meses para solicitalas.
Para obter máis información pódese consultar o seguinte enlace: https://goo.gl/RreaIj


























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



