A nación de nacións, anunciada aos catro ventos polo líder socialista, non é outra cousa que o recoñecemento constitucional da diversidad cultural, social e de vida. Unha diversidad que existe no noso país dende sempre. Incluso nos tempos de Isabel de Castilla e Fernando de Aragón que non unificaron as Españas xa que foi o seu neto que a golpe delanza e espada tomou o reino de Navarra e acabou o mapa.
A plurinacionalidad, á que se refire Sánchez, non ten nada que ver co Estado Federal que algúns creen. A diferenza deste, a “nación de nacións” é, para sorpresa dalgúns, un ornamento para endulzar o Estado das Autonomías. Grazas a esta nova nomenclatura, o texto constitucional recoñecería de forma expresa. a diversidad de linguas e trazos distintivos que compoñen o lenzo nacional. A “nación de nacións” aludiría á acepción cultural dos “nacionalismos”.
A proposta de Sánchez hai que enmarcala no contexto da cuestión catalá. Non esquezamos que o dereito á independencia, reivindicado por Cataluña, abriu o debate territorial existente no noso país desde os tempos da República. Un debate que enfronta a unionistas e federalistas e, un debate, que divide a quen están a favor e en contra do referendo separatista. Como saben, o encuadramento do PSOE neste tema sitúase no lado dos unionistas e dos escépticos co referendo. A plurinacionalidad, anunciada por Pedro, non altera a posición do partido socialista en torno á cuestión en si. Non a altera porque a pluriculturalidad española é condición necesaria, pero non suficiente, para a constitución dun Estado Federal.
A plurinacionalidad, aínda que aparentemente non serviría para nada, si tería un trasfondo e beneficio electoral para Sánchez. A “nación de nacións” sería a antesala do Estado Federal; un Estado que nos gustaría a moitos vascos, galegos e cataláns, e que servirá de pretexto legal para os seus avances independentistas. Así as cousas, a plurinacionalidad calma pero non cura a ferida; e unha ferida aberta desde a España prefranquista. A plurinacionalidad é compatible co modelo de Estado defendido por Podemos e Cidadáns. O é porque o recoñecemento dunha obviedad social, como é a diversidad cultural , non altera as posicións do debate. Así as cousas, o PSOE debería dar un paso á fronte e defender abiertamente o seu modelo territorial, máis aló dos eufemismos políticos. Si non o fai, si segue xogando á ambigüedad conceptual, confundirá á opinión pública. A unha opinión opinión pública farta de tanta retórica e discusión territorial.




















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



