O pasado 5 de xullo, Piedad Seijas da parroquia do Cadramón do Concello do Valadouro cumpreu 100 anos. Ata a súa casa desprazáronse o Alcalde do Concello Edmundo Maseda, e a Concelleira de Servizos Sociais María Mon, para facerlle entrega duns obsequios e felicitala persoalmente polo seu aniversario. Alí contoulles que xa fixera a celebración con toda a familia o domingo no restaurante O Novo de Ferreira xa que algúns deles remataban as vacacións e tiñan que volver ás súas cidades. Tamén estiveron falando de fútlbol, Piedad é unha seguidora do Real Madrid, ten na súa casa balóns firmados, o reloj do Clube, fotos… Toda unha muller chea de vida e con un humor digno de admirar.
