O evento foi presentado pola concelleira de Xuventude, Mercedes González, e Ibán García, da empresa IG10, que se ocupa da xestión desta actividade. Dende a organización explicaron que “o sábado, 8 de xullo, a partir das 15:30 horas teremos unha festa acuática infantil con tobogáns, inchables acuáticos,… E o domingo, 9 de xullo, ás 17:30 horas as motos de auga toman un ano máis a ría de Foz, grazas á colaboración do club Galijet co Concello. Todas as persoas a partir de 6 anos están invitadas a dar un paseo pola nosa fermosa ría con pilotos deste club”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



