Lugo, 28 de xullo de 2017.- A Xunta de Galicia concedeu subvencións por importe global de 24.000 euros a oito concellos da Mariña de Lugo que celebran festas declaradas de interese turístico galego.
Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen destacou que o obxectivo do Goberno galego é seguir a apostar e promover este tipo de eventos que incentivan as economías locais e supoñen un notable reclamo.
A Xunta dará́ 3.000 euros a cada concello solicitante, para colaborar nos gastos relativos á promoción e difusión turística da festa, como publicidade, carteleira, anuncios nos medios de comunicación ou actuacións artísticas. No caso de celebración de festas gastronómicas son subvencionables tamén os gastos de adquisición do produto obxecto da festa.
As citas de interese turístico galego acadaron no seu día o recoñecemento da Xunta en función da valoración de moi diversos factores, entre outros, da antigüidade, da singularidade e do arraigamento, así como pola importancia das actividades de promoción que desenvolven.
Balseiro conclúe lembrando que, con estes apoios o Goberno galego busca recoñecer os esforzos públicos e privados para celebrar este tipo de eventos que constitúen un fortalecemento da nosa cultura, que serven de reclamo turístico e transmiten os valores e sensibilidades do pobo galego.
Así, obtiveron a axuda da Xunta, xestionada a través de Turismo de Galicia, as seguintes festas: A Romaría do Naseiro, en Viveiro; as Festas Patronais de San Lourenzo, en Foz; as San Lucas, en Mondoñedo; a Xira de Santa Cruz, en Ribadeo; a Feira do Bonito de Burela; a Festa da Faba de Lourenzá; a Festa do Ourizo en Cervo, e o Festival Internacional do Emigrante, en Barreiros.


















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



