Burela 8-7-17. Ante as informacións vertidas os últimos días en distintos medios de comunicación polo GMP do Concello de Burela sobre a posesión e utilización por parte do Presidente do CCA Burela das chaves da Casa do Concello , eu , Rubén Pinín González quixera aclarar os seguintes termos:
O pasado Xoves día 6 de Xullo, ás 19:00 horas, celebrouse no Salón de Plenos da Casa do Concello unha reunión convocada polo CCA Burela coas distintas asociacións do Concello con motivo da celebración da VI Festa Castrexa, ó igual que aconteceu en edicións pasadas, nas que tamén mantivemos ditas xuntazas na Casa do Concello . Festa que organiza o CCA Burela , e na que colabora activamente o propio Concello.
Para poder acceder ás instalacións do Concello, quero deixar claro que por suposto ,como é lóxico ,nin eu nin ningún outro membro da Directiva do CCA Burela somos poseedores, nen se nos facilitaran previamente as chaves da Casa Consitorial. Senón que o pasado Xoves eu abrín a porta do lateral do concello coas chaves da Concelleira de Servizos Sociais Dña Patricia Otero Rodríguez , mentres que ela estacionaba o seu vehículo, dado que xa había xente das diferentes asociacións esperando diante da porta. Non é certo que non estivera ninguén do Concello nas instalación municipais durante o tempo que durou a reunión, de feito este membro do Equipo do Goberno Municipal tralo remate da reunión aínda quedaba no interior do edificio . Polo tanto, non é certo que eu pechara a porta e moito menos que levara as chaves conmigo , tal e como afirma o GMP de Burela.
O único que está a buscar o grupo popular burelés é confundir á xente con mentiras e intentar crear un clima de crispación entre os veciños de Burela, aínda que de todos é sabido que non é a primeira nin será a última vez .