Lugo, 24 de xullo de 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, presentaron este luns o II Festival Arcadio Mon, que terá lugar o vindeiro xoves 3 de agosto no Adro de San Pedro, en Alfoz. Na presentación tamén participaron os organizadores do certame, Eduardo Canoura e José Vázquez.
O Goberno da Deputación é o principal patrocinador deste evento cultural, cunha achega de 2.000 euros, facendo posible a organización desta segunda edición do Festival, no que participarán máis de 600 persoas totalmente de balde, e co que tamén colaboran os Concellos de Alfoz e O Valadouro, posto que a súa organización alterna cada ano entre estes dous municipios da Mariña lucense.
Campos Conde subliñou que “con esta achega non só dinamizamos a vida cultural da Mariña, senón que tamén damos a coñecer a labor de Arcadio Mon, un dos compositores máis importantes da nosa provincia, fundador e director da Banda de Música e da Escola de Música de Foz, que hoxe en día conta con preto de 400 alumnos”.
A homenaxe contará cun concurso de novos talentos musicais, destinado a intérpretes de menos de 20 anos, e un concerto, a partir das 19:00 horas, no que actuarán catro grupos de música popular: Escolma de Meus, Sons de Celeiro, Sons Varadero, Mar Aberto. Tamén actuarán os cantantes Sito Sedes, Enzo Fernando, Toni Cazás, Marga Rodríguez e Miro Casavella, e os músicos Antonio Mandiá, Juan Carlos García, Lino Rico, Felipe Sánchez e Joe Carey.




















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



