É evidente que as formas de vida dun pobo, e as circunstancias que nela concorren, así como as tradicións locais; é decir, a historia ten, ou debería ter, o seu refrexo na programación festeira, pois coidamos que toda manifestación pública, emanada das institucións, debe dotarse dun compoñente cultural e un contido didáctico, neste caso aproveitando a amenidade, e mesmo o divertimento, para espallar a mensaxe e o coñecemento por parte das xentes, daqueles aspectos que ó longo dos tempos conformaron a existencia da sociedade precedente, cuxas vivencias nos levaron a ser , para ben ou para non tan ben,o que hoxe somos.
Hai úns anos, en viaxe que fixéramos a Alemaña, chegamos a Goslar ,unha pequena e fermosísima cidade que forma parte do Patrimonio da Humanidade, con numerosos edificios históricos e unha ducia de museos: impresiona o exquisito coidado e respecto a tanto monumento.A zona fora rica en minas de prata e plomo, actividade desaparecida habìa tempo.
Pois ben: un dos grandes atractivos turísticos, que cada día concentra na praza principal a centos de persoas é o reloxio do concello que, cando soan determinadas horas, ábrense unhas portelas e aparece unha escena de mineiros coas palas e picos; os carretillos e cascos na cabeza e os candís nas mans; en definitiva, cos atributos tradicionais dos traballadores das minas, nun desfile que engaiola ó público que o contempla, ó tempo que en rúas e espacios públicos resoan as notas dos grandes compositores do país: Bach, Bethoven,
As minas que xa hai moitos anos non teñen, seguen a ser productivas para Goslar.
Nos tan afastados anos da nosa infancia e adolescencia, Foz era un pobo eminentemente mariñeiro: acaso o mais da Mariña. Toda a súa vida social e económica pivotaba sobre a actividade derivada do mar: os asteleiros, a pesca, o cabotaxe e as conserveiras. Por eso as festas tiñan un marcado carácter mariñeiro e as regatas de traiñeiras eran, na programación festeira o número estelar, nas que se enfrontaban embarcacións dos portos do noso litoral e do occidente de Asturias á conquista do “Gran Trofeo DALO”. Amais delas, as competicións a nado, cucañas, a caza do pato… convertían a dársena en animado escenario de tanto espectáculo.
Polo demais, a música (dianas e alboradas, concertos, verbenas…), os foguetes “de gran esplendor que lanzarán sus luminarias, mientras el espacio es rasgado por magnífica lucería de voladura y ráfagas de mortero, iluminándose vivamente por los destellos de bengalas en paracaídas…”. Centos de luces multicores – o mestre Lugilde, que ten rúa na vila, era o artìfice de tanto coorido – engalanaban a Rambla.
As bandas de música “Rebollar” e “Garrote”, ambas de Ortigueira, eran asíduas ó San Lourenzo dos nosos primeiros anos, así como a de Mondoñedo.
Tras dos “xigantes” e “cabezudos” marchábamos, en longa riola,tódolos pícaros do pobo, indefectiblemente acompañados polo quinteto viveirés “Brisas do Landro”, daquel persoeiro singular que era Pepe Randa.
Estamos a falar dos tempos miserentos da posguerra: do pan do racionamento, das roupas cheas de mendos, nun esforzo inútil por tapar os buracos para evitar o frío; ou as zocas fendidas, atadas con alambres…
A sociedade de hoxe ten pouco que ver con aquéla.Os medios económicos e técnicos ó alcance; a evolución cultural e os aparellos exímennos de todo esforzo imaxinativo e prodúcese un troque de valores: antes as festas eran sobre todo unha ilusión.
Foz deixou de ser mariñeiro e, nun xesto non exento de infidelidade ás súas orixes, as festas esquecen o mar. E, se non somos mar, ¿qué somos…?





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



