Decia Séneca: “Compra soamente o necesario, non o conveniente. O innecesario, aínda que custe só un céntimo, é caro”. E é que todos dalgún modo somos vítimas dun consumo compulsivo.
Esquecemos que a idea dominante, consciente ou inconsciente, que hai detrás deste fenómeno do consumo desbocado, que caracteriza á nosa sociedade, é sempre a mesma: ter é igual a poder. “Tanto tes, tanto es”. A xente non se fixa na profundidade da túa mirada, o valor das túas palabras, na túa capacidade de tenrura e comprensión. Mírache a aparencia, o traxe, o modelo de coche e ata a marca do móvil.
Por que compramos de forma compulsiva? Trátase dunha conduta patológica ou dunha auténtica necesidade? Que nos leva a pasar tanto tempo neses santuarios laicos que son os grandes almacéns? Que move aos mozos a vivir subxugados polas marcas no canto da bondade do produto?
O resultado é que a xente, embotados os seus sentidos, pérdese o mellor da vida.. O efecto da nova economía de mercado. A tensión abundancia-escaseza, a uns sobra moito e a moitos falta todo. Hai que producir para vender e poder comprar. Non ten ningún sentido que as cousas t sentido, necesidad e función. Son o que son, cousas, en toda a súa definición, sen máis sentimentalismos. Consumimos e acumulamos, dous camiños sen retorno aos que nos leva a dual organización mercantil que nos tocou vivir. Ata agora a oferta respondía á demanda, fabricábanse zapatos porque o comprador pedía zapatos. Hoxe as necesidades de mercado invisten os térmos, os fundamentos volvéronse do revés, como fabricamos moito hai que provocar a compra, crear a necesidade, convencer ao consumidor de que o adquira, que lle fará feliz, que o necesita, que lle dará postín de cara aos demais, que mellorará a súa vida, as súas relacións, o seu benestar. Uns poucos temos moitos zapatos no armario, un par máis cada tempada. Moitos nenos do mundo van descalzos, viven descalzos, traballan descalzos, fuxen dos seus perseguidores descalzos e fan a guerra descalzos, algúns confeccionan a man os nosos luxosos zapatos.
A incorporación de Chinesa e India, superpotencias demográficas con necesidades do mesmo tamaño proporcionaes á súa numerosa poboación, está descalabrando todas as prácticas tradicionais do mercado. O futuro viable que piden as manufacturas está en que se compre continuamente obxectos e de baixa calidade, consumir moito e barato proporciona traballo e alimentos para manter moitos postos de traballo e repartir os beneficios entre máis poboación.



















A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



