Foz 14-7-17. O noso Alcalde nos avisa de que hoxe saíu no DOG a licitación para a obra de dragaxe do que tanto desexabamos e precisabamos con urxencia do “muelle pesqueiro”, algo mais de 600.000€ licita a Xunta para facer esta obra tan necesaria, xa que fai mais de 35 anos que non se draga dentro do peirao. Ademais, tamén se poñerá un pantalán novo no que poderán atracar algunhas embarcacións deportivas, que non vai cubrir a gran demanda de atraques deportivos que temos en Foz, pero polo menos algúns dos que levan mais de dez anos en lista de espera poderán optar por fin a tela en arrendamento. Sen esquecerse de que aínda seguiremos tendo mais de 60 nesa lista que de seguro seguira aumentando, en espera de que nun futuro podan ter unha praza de atraque en Foz para as súas lanchas.
A licitación nos indica que este ano non se vai poder executar a obra, pois os tempos non dan mais de si, pero “Mais vale tarde que nunca”
Polo tanto temos que estar todos os focenses de noraboa: Concello, confraría, clubes e empresas, todos os usuarios de este peirao, pois verémonos beneficiados.
Dende a Ribeira de Foz, dar as grazas de forma explicita o alcalde, grupos políticos e colectivos que axudaron en gran medida a concienciar do problema, e de forma especial a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e o Sr Duran, os cales souberon comprender de forma definitiva que que en Foz temos unha urxencia real nos peiraos, e que se pode solucionar.
E esperamos que seguir con este bo traballo de todos, para por der dar cobertura a tódolos demandantes co a optimización do outro peirao de Foz “Porto Chico”




















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



