Como remate do curso Introducción á Historia e á Cultura da Galicia marítima, o pasado luns 17 de xullo os alumnos senior da Aula de Viveiro da UNED, acompañados do profesor José Manuel Vázquez Lijó, percorreron as rías de Muros-Noia e Arousa. O roteiro comezou polo Museo Marea de Porto do Son, para a continuación visitar o espectacular Castro de Baroña. Logo dun xantar mariñeiro na Pobra do Caramiñal, desfrutaron nunha estupenda panorámica desde o miradoiro da Curota, antes de aproar cara á illa de Sálvora, un pequeno paraíso. A xornada non poido rematar mellor, degustando en Aguiño unha empanada de millo con berberechos feita por Isabel A Capacha.
