Mondoñedo, 14 de xullo de 2017 .- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presidiu hoxe o acto de presentación do cartel do Mercado Medieval que os días 11, 12 e 13 de agosto celebra a súa XXXVI edición. Á presentación asistiu parte do equipo de goberno, varias das asociacións implicadas no evento, así como amigos e amigas do mercado medieval que ano tras ano colaboran e traballan de xeito desinteresado na súa organización.
A alcaldesa subliñou a importancia dunha programación ampliada na que se incorpora unha actuación o venres ás oito e a clausura o domingo á noitiña.
A rexedora aproveitou a súa intervención para agradecer o traballo de todas as asociacións implicadas no Mercado Medieval; entre as que se atopan os Amigos do Mercado, á ACIAM e á Asociación Cultural O Pasatempo. “Entre todos conseguimos unha volta ao medievo rúa a rúa que cada vez atrapa a máis visitantes”, engadiu.
Moitos dos participantes son artesáns que xa coñecen a feira de anteriores edicións repetindo experiencia máis de cen postos, segundo as súas propias palabras, por ser un mercado “acolledor, organizado polo propio Concello e voluntarios e celebrado nun contexto único”, unha cidade declarada conxunto histórico artístico que se presenta como marco inmellorable da festa.
Unha ampla programación
Elena Candia fixo fincapé na ampla variedade de actividades que inclúe a programación do mercado “o que cada ano o fai máis atractivo para todos os que se achegan a Mondoñedo”. Entre elas, as actuacións na Praza da Catedral, un showcooking de receitas medievais ou representacións teatrais a cargo da Asociación Cultural O Pasatempo, actividades coas que arranca o Mercado Medieval.
Gran torneo medieval
A apertura do mercado farase o sábado ás once da mañá. De seguido, levarase a cabo o pregón e darán comezo as exhibicións, como a de cetrería, de tiro con arco no campamento medieval ou esgrima. De novo haberá animación de rúa ao longo de toda a fin de semana con cabaleiros medievais especialistas en hípica celta, malabaristas, personaxes fantásticos ou espectáculos de lume.
Desde o Goberno local buscouse unha programación completa e diversa na que a ambientación da cidade é unha peza clave, así como todas as actividades de rúa, tanto as musicais como as relacionadas co época concreta. Entre os actos máis destacados, Candia citou o gran torneo medieval, que terá lugar o sábado e o domingo ás oito no seminario e contará con especialistas en hípica celta e música ao vivo.
Os nenos, tamén protagonistas
Ademais de manter aberto o campamento o sábado e o domingo, o Goberno local incorpora o recuncho infantil con actividades pensadas especificamente para todos os nenos e nenas no Parque do Seminario.
O colofón ao mercado chegará o domingo ás 23:00 horas coa actuación de Queiman e Pousa e a iluminación da Catedral.






















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



