Ribadeo, 11 de xullo de 2017. O alcalde, Fernando Suárez, subliñou esta tarde que tanto el coma o goberno municipal “sempre tentamos aconsellarnos polos técnicos antes de tomar decisións e sempre temos como norma de comportamento tratar a todo o mundo igual, porque a lei é igual para todos, independentemente do apelido de cada quen”. Deste xeito resposta ás duras acusacións realizadas nesta xornada pola voceira do PSOE no Concello, Aurora González, relativas á denegación dunha licenza de obra para a construción dun muro no ámbito urbano a un particular e da falta de outorgamento da licenza de primeira utilización dunha vivenda da súa propiedade. Para Suárez Barcia “ou estamos diante unha artimaña política de desgaste ao alcalde ou a voceira do PSOE se está a deixar utilizar por ese particular sen contrastar as informacións que lle puideron chegar”.
O rexedor dixo: “acabo de ter coñecemento dun comunicado que fai a voceira do grupo municipal do PSOE de Ribadeo, a Sra. Aurora González Ginzo, onde dá a coñecer feitos e acusacións que un particular está vertendo sobre o Alcalde de Ribadeo e sobre un funcionario municipal acerca dunha denegación dunha licenza de obra para a construción dun muro no ámbito urbano e da falta de outorgamento da licenza de primeira utilización dunha vivenda da súa propiedade”.
Fernando Suárez manifestou que “aproveitando esta ocasión que se me ofrece, quero manifestar que nestes últimos días tiven coñecemento dun escrito que un particular presentou no Concello mostrando a súa desconformidade coa actuación municipal en varios asuntos do seu interese particular e que polo tanto pide a recusación miña como Alcalde xunto coa dun técnico municipal neses expedientes argumentando unhas acusacións intolerables contra a miña honra e a miña honestidade como persoa. A este respecto, acompaño a esta nota de prensa, escrito que no día de onte presentei no Concello sobre este particular e no que manifesto o inmediato inicio de accións legais contra este particular pola miña parte”.
O alcalde ribadense engadiu: “pero mais aló diso, non deixa de sorprender o comunicado que no día de hoxe manda a voceira municipal do PSOE de Ribadeo onde dá a coñecer como certos feitos carentes absolutamente de motivación, de proba e que evidentemente son constitutivos dunha gravísima difamación contra a miña persoa”.
Para Fernando Suárez Barcia “non deixa de sorprender, que a voceira do PSOE poida ter acceso a este tipo de información detallada dun procedemento en sede xudicial cando en principio non consta que ela sexa parte nese preito polo que terá que explicar Aurora González Ginzo, portavoz do PSOE de Ribadeo, a estraña conivencia que ten con ese particular por dar alegremente por certo, feitos dun expediente que supostamente está en marcha. Está claro que, ou hai conivencia ou hai información privilexiada que terá que explicar como sabe do preito, porque incorpora no seu escrito detalles que non facilita sequera o suposto denunciante, ao que nin eu mesmo son coñecedor a día de hoxe”.
O rexedor declarou que “o certo é que, ou ben é unha artimaña política utilizada contra min para desgastarme politicamente ou ben se está deixando utilizar por un particular sen preguntar minimamente ou sen interesarse minimamente por contrastar as informacións que lle puideron chegar”.
Para Suárez Barcia “apresurase a Sra. Aurora do PSOE de Ribadeo a tentar poñer aos pés dos cabalos a outro compañeiro de Corporación, sen nin sequera contrastar ou preguntar ao seu anterior concelleiro do seu grupo municipal na anterior corporación para que lle poida explicar moitos dos supostos cabreos polos que ese particular non logrou conseguir o que pretendía, aínda a costa de pretender ir contra a lei e contra o interese xeral, sen que este particular acudise sequera a recurso Contencioso-administrativo se tan seguro estaba da actuación municipal”.
O alcalde de Ribadeo subliñou que “a miña actuación e do goberno municipal, como humanos que somos podémonos equivocar, pero sempre tentamos aconsellarnos polos técnicos antes de tomar decisións e sempre temos como norma de comportamento tratar a todo o mundo igual, porque a lei é igual para todos, independentemente do apelido de cada quen”.
E remata a súa disertación sinalando que “agora xa un vai entendendo de que vai este xogo. Pero na política non todo vale. Non vale este xogo sucio de desgastar ao adversario político, cando non o poden facer nas urnas, e agora utilízase artimañas escuras e deixándose utilizar para propósitos particulares sen ningún tipo de fundamento”.





















A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



