Mondoñedo, 10 de xullo de 2017. Comezada oficialmente a temporada estival, o BNG de Mondoñedo volve unha vez máis a denunciar a situación de falta de limpeza que sofren espazos públicos e zonas verdes da cidade.
O grupo municipal do BNG demanda do goberno municipal do Partido Popular máis medios humanos e materiais así como unha maior eficacia na xestión de espazos públicos, zonas verdes e ornato público, xa que considera que os operarios do concello están “desbordados” ante tanta carga de traballo.
Para o portavoz do BNG, Eloi Cabanas, “esta situación é unha fonte constante de queixas e reivindicacións das veciñas e veciños dos diferentes barrios da cidade” e piden unha solución para que se corrixa canto antes esta situación.
Segundo o edil do BNG, “os valados instalados no Campo dos Paxariños, están aínda sen desmontar máis de dous meses despois das feiras das Quendas, as silvas dificultan o paso dos viandantes pola rúa San Roque ou a rúa da Ponte, que presenta un estado de esquecemento, son algúns exemplos dos que nos podemos encontrar se damos unha volta pola cidade”.
O voceiro nacionalista considera que “se Mondoñedo quere ser un referente turístico non pode permitirse este estado de mantemento tan lamentable e bochornoso” .
-LIMPEZA URXENTE DOS BAÑOS PÚBLICOS DA ALAMEDA DOS REMEDIOS-
O BNG denuncia tamén o estado de limpeza no que se encontran os baños públicos da Alameda dos Remedios e esixe ao goberno municipal que tome as medidas necesarias para desinfectar e adecuar os mesmos. “É vergoñento que veciños e veciñas que pasean pola alameda, nenos que xogan no parque ou persoas que van ao Centro de Saúde teñan que utilizar estes aseos nestas condicións de tanta sucidade”.
-O BNG PIDE CELERIDADE E CONCRECIÓN NO REMATE DAS OBRAS DE MELLORA DA PRAZA DOS MUÍÑOS-
O BNG faise eco das queixas que lle transmiten os veciños e veciñas do barrio e apunta que as obras non avanzan coa rapidez coa que lles prometera a alcaldesa Elena Candia. Segundo o portavoz do BNG “estas obras xa ían estar rematadas para a Feira de Artesanía” así que pide “celeridade” no avance dos traballos para que estes estean rematados antes da celebración das festas que se van celebrar neste barrio o 25 de xullo.




















“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



