Burela 30-7-17. Esta actividade xa a levamos facendo varios anos e consiste en facer unha ruta en bicicleta de montaña con unha dificultade física e técnica moi grande.
Este ano escollemos como ruta unha que nos levase a San Andrés de Teixido, fái catro anos xa fixemos outra que unía as duas localidades e que discurría polo interior, esta vez quixemos ir pola costa o que a facía bastante máis longa pero con subidas e baixadas más curtas.
Saímos de Burela as 7:00 horas con dirección San Cibráo, seguimos ruta ata Viveiro donde paramos a desaiunar e unha vez recueradas as forzas continuamos ata chegar o Vicedo facendo unha visita o Fuciño do Porco pa sacar unhas fotos, do Vicedo seguimos, pasando polo Barqueiro, Loiba (visita o Banco de Loiba), Espasante, Ortigueira, Mera de Abaixo onde iniciamos a subida máis difícil da ruta que nos lebou ata o Mirador dos Carrís e que en 4 km. pasamos de 52 metros sobre o nivel do mar a máis de 400 metros, baixada moi técnica ata a capela de San Andrés a que chegamos as 20:00 horas, fotos de grupo e meter as bicis no autobús para chegar a Cedeira donde nos esperaban as acompañantes e os compañeiros do Club que tamén fixeron en bicicleta de estrada a ruta entre Burela e Cedeira pasando por San Andrés.
Para recuperar as forzas gastadas durante o día, cea nun restaurante de Cedeira e regreso ata Burela.
Estas actividades son organizadas pensando no disfrute e na confraternización que nos proporciona os socios do Club estas rutas de moitas horas e dificultade máxima xa que o longo de tantas horas son moitas as anecdotas e contos que intercambiamos e que fan que este día se faiga imposible de esquencer