Cervo, 27 de xullo de 2017.- O Concello de Cervo, a través das delegacións de medio ambiente e Educación, vén de celebrar a Semana do medio ambiente, dentro da programación dos Enredos de Verán, que se desenvolve durante os meses de xullo e agosto, e que vai dirixida a pequenos de entre 3 e 12 anos.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e as edís de Medio Ambiente, Manuela Méndez, e e de Educación Dolores García Caramés, estiveron hoxe cos pequenos que estaban a participar nunha ginkana ecolóxica na Praza dos Campos.
Programáronse diferentes xogos relacionados coa reciclaxe, e instalouse un circuíto de karts, no que os nenos ían recollendo diferentes residuos para logo depositalos no recipiente correcto para o seu reciclado.
As actividades tiveron lugar na xornada do luns, onte mércores e remataron hoxe, cunha gran participación por parte dos nenos inscritos no programa municipal Enredos de Verán.