Lugo, 19 de xullo 2017. O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto ao Alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández Rico, informou este mércores sobre o investimento de 750.000 euros, que o Goberno Provincial achegou a este municipio nun ano en impulso do conxunto dos servizos públicos aos veciños. Por exemplo, a dotación dun centro de día, a mellora de estradas, traídas de auga ou alumeados públicos; a prestación de servizos sociais, a xeración de emprego, así como a organización de actividades turísticas, deportivas ou culturais, entre outras actuacións. Campos Conde explicou que foron 330.000 euros do orzamento de 2016 e outros 420.00 deste ano, os que que o Executivo Provincial decidiu destinar para dito fin, “que se enmarca na nosa aposta por unha Deputación coas persoas, social e rural”.
Dos 420.000 euros do presuposto de 2017, o Goberno da Deputación achega case 207.000 á construción dun centro de día na Ribeira de Piquín. Este proxecto conta cun total de 275.000 euros da Deputación, pois o Executivo Provincial destinou uns 70.000 do orzamento provincial do ano pasado.
O Presidente e o Alcalde supervisaron este mércores o edificio da antiga escola do Chao do Pousadoiro, que se vai a rehabilitar para situar na mesma o centro de día. O inicio das obras só está pendente do permiso da Xunta de Galicia. A previsión do Concello é ter esta licencia nas vindeiras semanas para comezar con estes traballos nun mes. Campos e Fernández destacaron que esta dotación social ofrecerá 20 prazas. Neste senso, o Presidente subliñou que “co centro de día reforzamos a necesaria prestación de servizos sociais na Ribeira de Piquín, Concello onde, segundo os último datos do IGE, case o 45% dos veciños superan os 65 anos”.
Máis servizos sociais aos maiores
A día de hoxe, o Goberno da Deputación atende a 7 maiores da Ribeira de Piquín a través do seu Servizo a Domicilio para persoas non dependentes, que ofrece porque a Xunta de Galicia recortou a cero euros a achega autonómica para esta prestación social en todos os municipios de menos de 20.000 habitantes. O Presidente destacou que “levamos investido 45.000 euros no Servizo a Domicilio a persoas non dependentes de Ribeira de Piquín, o que permite aumentar o número de maiores que contan con esta prestación”. O Alcalde apuntou grazas a estes fondos poderán pasar dos 7 usuarios que hai na actualidade a, cando menos, superar os 10.
Máis emprego
Campos e Fernández tamén avanzaron que este ano se crearán máis do dobre de postos de traballo, con respecto ao ano pasado, na Ribeira de Piquín a través do DepuEmprego. É o programa co que o Executivo Provincial xera emprego e reforza a prestación de servizos municipais aos veciños, asumindo os custos laborais de novos traballadores nos 66 Concellos de menos de 20.000 habitantes. O Presidente explicou que “achegamos 80.000 euros a Ribeira de Piquín con este programación para xerar un total de 8 empregos: 3 o ano pasado e 5 este ano”. O Alcalde avanzou que nas vindeiras semanas se celebrarán os procesos públicos e abertos a todos os interesados para a selección destes 5 novos postos de traballo.
Dotacións públicas: traídas, alumeados ou polideportivo
Para melloras nas dotacións públicas, o Executivo Provincial levou nun ano a Ribeira de Piquín 85.000 euros. O Presidente e o Alcalde supervisaron os traballos xa executados con 67.700 euros e que consistiron na mellora das traídas de auga de Lamas e os Cangas onde viven máis de 20 veciños; na reparación do local social de O Chao, dotándoo dun novo tellado, pois estase a rehabilitar para convertelo en centro social; e na dotación de novo alumeado público ao Chao do Pousadoiro, que é a capitalidade da Ribeira de Piquín.
As seguintes actuacións de mellora de dotacións públicas levaranse a cabo con outros máis de 17.000 euros, que o Goberno da Deputación xa destinou, consistirán no acondicionamento do polideportivo, dotándoo de vestiarios e pechándoo. Estas actuacións realízanse co obxectivo de ofrecer aos veciños unhas instalacións públicas nas que poder adestrar, pois os equipos deportivos do Concello teñen que desprazarse a outros municipios para facelo. Por exemplo, o Ribeira FS, que xoga na primeira autonómica de fútbol sala, entre outros.
Turismo: rutas de sendeirismo e presa do Chao
O Presidente e o Alcalde avanzaron que con outros 40.600 euros, que o Executivo Provincial levou a Ribeira de Piquín, se acondicionarán as rutas de sendeirismo Fervenza-Pena dos Portelos e Chao de Pousadoiro-Muíño de García; así como a presa do Chao, un dos emblemas turísticos do Concello. Todo isto “dentro da nosa aposta compartida dende Deputación e Concello polo impulso do turismo como revulsivo económico no rural da nosa provincia. Temos que potenciar os recursos únicos de cada un dos nosos Concellos para xerar riqueza a través do turismo, tal e como recolle o noso Plan Estratéxico de Turismo”, destacou o Presidente.
Melloras de accesos
Son 100.000 euros os que o Goberno da Deputación achegou nun ano á mellora de accesos viarios da Ribeira de Piquín. Campos e Fernández supervisaron hoxe os levados a cabo con preto de 50.000 euros de dita cantidade en vías de 8 núcleos rurais, beneficiando, directamente, aos 160 veciños que viven nos mesmos. Son os de Vilarpescozo, Os Vaos, Cartea, Os Vaos, Boel, As Figueiras, Outariz e Meiori.
O Presidente adiantou que as seguintes actuacións, dotadas de 29.000 euros, levaranse a outros 4 núcleos, nos que viven 100 veciños. Son os de Figueiras, Soutelo, Navallos e Montefurados. O orzamento que destinou o Executivo Provincial é para a pavimentacións dos accesos a ditas localidades. Campos e Fernández explicaron se están a estudar as necesidades do Concello para arranxar máis vías con outros 20.500 euros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



