Lugo, 12 de xullo de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Ourol, José Luis Pajón Camba, e a Vicepresidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, Sabela Ramil Rivera, presentaron este mércores no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, o VI Festival Aturuxo, que terá lugar os días 28 e 29 de xullo na parroquia de Santiago de Bravos, no municipio mariñán. A cita musical que organiza a Asociación Cultural Aturuxeiros de Bravos, conta coa colaboración do Goberno da Deputación, a través do Musiqueando, coa actuación do grupo A.C.M. Arume de Burela, e cunha achega económica de 2.000 euros do Concello de Ourol.
García Porto destacou que “colaboramos con esta cita cultural e musical para dinamizar e dar a coñecer un Concello como o de Ourol, con pouca poboación e moi envellecida, ao tempo que impulsamos a economía e o turismo neste municipio da Mariña, pois durante as dúas xornadas reuniranse máis de 500 persoas. Ademais, dende o Executivo Provincial, queremos consolidar este festival galego que promociona e poñer en valor o traballo dos nosos grupos e a música popular galega.”
Pajón Camba convidou a todos os veciños da provincia a achegarse ao Concello de Ourol durante a celebración do festival para “poder desfrutar dos produtos extraordinarios e de calidade que ofrece o noso municipio, ao mesmo tempo que coñecen un enclave turístico de primeiro nivel, como é a Igrexa parroquial de Santiago de Bravos”.
Sabela Ramil tamén convidou aos visitantes a achegarse a este Festival. “É un encontro para todo tipo de público, interxeracional, non temos limite de idade, ademais de ser un espazo non só para a música, senón para recuperar tradicións como xogos populares, e moitas outras actividades”.
A VI edición do Festival Auturuxo comezará o día 28 de xullo cunha cea popular e unha foliada aberta ao público. A xornada do sábado arrancará ás 13:30 horas coa sesión vermú e a actuación musical a cargo da A.C.M. Arume de Burela. A partir das 17:00 horas, haberá animación nas rúas e xogos populares dirixidos a todas as idades. Ás 21:30 horas comezará o propio festival musical, cos concertos dos grupos A Compañía do Ruido, Pan de Capazo, Trapallada e Böj, que foi o gañador do certame runas na edición pasada do Mundo Celta de Ortigueira. Haberá habilitada unha zona de acampada gratuíta ao carón da Igrexa parroquial de Santiago de Bravos.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



