Lugo, 19 de xullo de 2017. O Goberno da Deputación xera outros 24 postos de traballo no Concello do Incio a través do DEPUemprego, o plan que o Executivo Provincial dotou de 3 millóns de euros para financiar os custos laborais de novos traballadores nos 66 municipios lugueses de menos de 20.000 habitantes. Trátanse de 11 postos para Palas de Rei, concretamente son; 1 peón de limpeza, 6 peóns de mantemento, 1 enxeñeiro industrial, 1 socorrista, 1 técnico en educación infantil e 1 traballador social. No concello das Nogais demandan 4 peóns de obras. Na Pobra do Brollón, 1 electricista, 1 peón forestal e 2 peóns de obras. E para o Concellos de Quiroga, 1 electricista, 1 peón de servizos multiples, 1 conserxe, 1 animador sociocultural, 1 limpador e 1 operador de cámara. A selección dos traballadores a realizará o Servizo Público de Emprego de Galicia. Máis información en www.deputacionlugo.gal.
Con estas 24 ofertas en proceso de selección, xa son 227 os postos que en total o Goberno da Deputación leva xerado en 59 municipios da provincia a través do DEPUEMPREGO. Cómpre destacar que plan inclúe en total 263 postos de traballo, polo que nas vindeiras semanas se crearán máis postos de traballo.
Distribución dos 227 traballadores
Á espera da vindeira incorporación dos 24 novos traballadores que resulten beneficiados, xa son 227 as persoas contratadas en 59 Concellos grazas ao DEPUEMPREGO.
Na Mariña son 51 postos de traballo en 15 Concellos: Alfoz, 1 peón e 2 auxiliares administrativos; A Pontenova, 1 chofer e 1 auxiliar administrativo; Barreiros, 2 oficiais; Cervo, 5 peóns; Foz, 2 auxiliares administrativos; Lourenzá, 1 técnico en turismo, 1 albanel, 1 carpinteiro, 1 xardineiro, 1 peón de limpeza; Ribadeo, 1 auxiliar de turismo, 1 catalogador de documentos, 1 dinamizador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; en Riotorto, 1 peón forestal medioambiental e 1 peón de xardinería; Mondoñedo, 1 educador familiar, 1 axente de desenvolvemento turístico, 1 varredor-peón; Trabada, 1 auxiliar administrativo, 1 arquitecto técnico, 1 técnico deportivo, 1 peón de servizos múltiple; O Vicedo, 1 administrativo e 1 peón de servizos múltiples e 1 peón de mantemento de servizos naturais; O Valadouro, 1 operario condutor, 1 operario mantemento, 1 operario condutor-tractor; Ourol, 1 operario de servizos mínimos, 1 peón forestal e 1 electricista; Viveiro, 1 técnico de informática, 1 electricista, 2 pintores, 3 peóns de servizos múltiples e 1 socorrista; e Xove, 1 coidador e 1 administrativo.
Na Terra Chá son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Abadín, 3 peóns; Begonte, 6 peóns; Castro de Rei, 4 peóns de servizos múltiples; Cospeito, 3 peóns; Guitiriz, 2 conserxes, 1 condutor, 1 arquiveiro e 1 dinamizador social; Meira, 2 peóns; Muras, 1 técnico de obras e servizos, 1 auxiliar administrativo, 1 operario condutor, 1 orientador; Ribeira de Piquín, 3 peóns; Vilalba, 3 peóns de obras públicas, 1 conserxe, 1 técnico superior informático e 1 técnico en administración; e Xermade, 3 peóns da edificación de obras públicas e 1 peón condutor.
Na Comarca de Lugo son 22 postos en 6 Concellos: O Corgo, 1 peón, 1 palista e 1 oficial de segunda; Friol, 6 peóns de mantemento de espazos naturais; Guntín, 1 administrativo; Outeiro de Rei, 1 administrativo e 6 operarios; Portomarín, 2 peóns e 1 xardiñeiro; e Rábade, 1 administrativo e 1 peón.
Na Comarca de Sarria son 26 postos en 6 Concellos: Láncara, 4 peóns de servizos múltiples e 1 monitor de ocio e tempo libre; O Incio, 7 peóns; Paradela, 4 peóns de obras públicas; O Páramo, 1 animador sociocultural e 3 peóns; en Sarria, 1 dinamizador e 2 traballadores de servizos varios; e en Triacastela 3 peóns.
Na Montaña son 28 postos de traballo en 9 Concellos: O Incio, 6 peóns; Baleira, 3 peóns; Baralla, 6 peóns; Becerreá, 1 tractorista e 1 enxeñeiro técnico agrícola; Cervantes, 1 peón e 1 tractorista; Folgoso do Courel, 1 peón e 1 animador turístico; Negueira de Muñiz, 2 peóns; Navia de Suarna, 1 peón condutor e 1 auxiliar administrativo; e As Nogais, 1 oficial de primeira, 1 peón e 1 licenciado en Humanidades.
Nas Comarcas de Lemos e Chantada son 40 postos de traballo en 10 Concellos: Bóveda, 2 peóns; Carballedo, 1 informador turístico e 2 peóns de servizos múltiples; Monforte de Lemos, 2 peóns de servizos e 1 auxiliar administrativo; Pantón, 1 peón de mantemento e 1 traballador social; A Pobra do Brollón, 1 técnico medioambiental e 1 peón forestal; Quiroga, 1 electricista, 1 albanel, 1 limpador, 1 técnico medioambiental, 1 animador sociocultural e 1 auxiliar administrativo; O Saviñao, 6 peóns, 1 limpador e 1 administrativo; Ribas de Sil, 3 peóns de obras de mantemento e 1 oficial de primeira condutor; Sober, 1 técnico en informática, 1 auxiliar viticultura técnico en turismo, 1 monitor deportivo, 2 peóns de servizos e 1 pintor; e Taboada, 1 peón de obras, 2 oficiais de primeira e 1 monitor de deportes.
Na Comarca da Ulloa son 20 postos en 3 Concellos: Antas de Ulla, 5 peóns; Palas de Rei, 4 peóns, 2 auxiliares de axuda a domicilio, 1 peón de xestión de residuos e 1 arquitecto; e Monterroso, 3 peóns de limpeza, 3 peóns de obra albaneis e 1 conserxe.


















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



