Share 0
Share 0
Durante o acto, procedeuse á entrega oficial da Bandeira Azul 2025 na Praia de Frexulfe, recoñecida ademais como Monumento Natural, e entregáronse os distintivos ás entidades recoñecidas polo seu compromiso coa calidade ambiental, a accesibilidade e a seguridade na contorna costeira.
O alumnado da escola dará mostra do resultado das moitas horas de ensaio e convida á veciñanza a disfrutar con eles. Durante esta última quincena do mes estase traballando tamén na XXXIX Feira do Bonito, programada para os vindeiros 2 e 3 de agosto. Pódese decir que comeza coa convocatoria do concurso de carteis que ten xa gañadoras: na categoría A (ata 14 anos) Anxela Regal Rico, e na categoría B (maiores de 14 anos) Maite Fernández Cendoya; os seus traballos faranse públicos en poucos días e aparecerán no programa de man e no cartel anunciador da Feira.
Na Praza dos Campos concienciu e formou á veciñanza sobre a correcta separación dos residuos. A través dunha proposta visual e interactiva, explicaron por que é importante evitar impropios nos contedores e como reciclar con calidade. Unha iniciativa que se enmarca na campaña Coida Cervo. A edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, achegouse ata alí na compañía das crianzas que asisten ao programa Cervo Concilia.
Trátase dun proxecto educativo pioneiro en Galicia, que traballa a autoestima, a motivación e as intelixencias múltiples.
Este martes visitaron as instalacións da Asociación ProMinusválidos do Ortegal (ASPROMOR) para coñecer de primeira man o traballo que alí leva a cabo. Ademais, durante os meses de maio e xuño, o alumnado acudiu dous días por semana, en grupos reducidos, ás instalacións do SEETA para aprender da dinámica de traballo que alí se realiza.
Nela están rexistrados 80 alumnos pertencentes a varios clubs da Asociación Shito-kai Asturias-Galicia. Terá lugar o sábado 28 de xuño ás 12.00 h no polideportivo de Barres. A entrada é libre.
Durante a celebración, non faltaron as risas, a música e as tradicións máis populares. Saltaron as cacharelas, comeron sardiñas e elaboraron uns colares con moita creatividade, xogando e descubrindo as raíces desta festa tan nosa.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital