Barreiros, 6 de xullo de 2017. O Concello procedeu ao cambio de ubicación da parada de taxis para mellorar a seguridade dos usuarios. Antes atopábase situada a carón da N-634 e agora está na propia praza do Concello. Na vella parada creouse unha praza de aparcamento para persoas discapacitadas.
O alcalde, Alfonso Fuente, declarou que “hai uns días, e a proposta dos taxistas de aquí de Barreiros, fixemos un cambio na ubicación da praza da parada de taxis, que estaba á beira da estrada nacional, o cal ocasionaba dificultades á hora de acceder aos taxis, ao abrir as portas, dado o tráfico que hai na N-634. Iso producía que fose incómodo acceder ao taxi”.
O rexedor explicou que “o que fixemos foi habilitar tres lugares na praza do Concello, vai estar moito máis cómodo. Son prazas accesibles de forma que se poderán abrir as portas para subirse ao taxi sen estar sempre pendente se vai pasar un coche ou non pola estrada”.
Fuente Parga dixo que “a distancia entre a praza que había e as novas non dista máis que cinco metros, pero o cambio é substancial dado que na praza que tíñamos para o taxi en San Cosme só collía un vehículo e agora van coller tres”.
O alcalde engadiu que “o sitio onde estaba a parada de taxi vaise pintar para un aparcamento para persoas discapacitadas, facilitando tamén así a saída da rúa de detrás do Concello de cara á nacional, que impedía a visibilidade ese coche sempre estacionado aí”.
Alfonso Fuente subliñou que “é unha mellora que consideramos positiva e que foi pedida tamén polo colectivo de taxistas, no ánimo de mellorar a seguridade para os usuarios do taxi e tamén para a comodidade deles de poder aparcar na praza sen ningún problema”.























Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



