Valdoviño, 6 de xullo de 2017.- Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (coñecidos polas siglas GALP) A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte acaban de unir as súas forzas para impulsar o proxecto de cooperación interterritorial de turismo mariñeiro “Galicia Norte. Mares de Experiencias” que pretende dinamizar a economía da costa norte de Galicia.
A presentación da iniciativa na Casa da Cultura de Valdoviño correu a cargo de María José Crespo Fraga, presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte e patroa Maior da Confraría de Miño; Alfredo Llano García, vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal e alcalde de Burela; Paloma Vázquez Fernández, xefa de área provincial de Turismo de Galicia en Lugo; e o alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, que exerceu de anfitrión.
Esta colaboración dará como resultado o desenvolvemento e a promoción de rutas e experiencias turísticas para a posta en valor do patrimonio natural e cultural dos 23 concellos nos que actúan, e que van desde o municipio lucense de Ribadeo ata o coruñés de Paderne. A iniciativa, que comeza este mesmo mes de xullo, desenvolverase ao longo das próximas semanas ata finais de outubro.
En total, o proxecto levarase a cabo en dous territorios contiguos con características comúns e que contan cun rico patrimonio marítimo pesqueiro, cultural e natural moi relevante, que se extende ao longo de 384 quilómetros de costa, unha cuarta parte de toda a liña costeira galega.
A promoción dun único territorio sen fronteiras na costa máis septentrional de Galicia permitirá focalizar mellor os atractivos turísticos máis relevantes e favorecer estadías máis longas dos viaxeiros, o que permitirá un maior volume de ingresos para a poboación.
Un sector con gran marxe de crecemento
Baixo o nome “Galicia Norte, mares de experiencias”, esta iniciativa pretende aproveitar o potencial da actividade pesqueira e mariñeira da zona, que representa o 8,8% do emprego nos concellos de A Mariña-Ortegal e o 3,3% dos pertencentes ao Golfo Ártabro Norte.
Os seus promotores consideran que os recursos do sector pesqueiro teñen un amplo marxe de crecemento, polo que se busca a dinamización da actividade e a captación de novas fontes de ingresos. Neste sentido, o proxecto innovará coa creación de produtos e servizos alternativos e complementarios aos xa existentes, como poden ser as visitas a lonxas, as carpinterías de ribeira, o turismo industrial en conserveiras ou os deportes náutico-deportivos, entre outros.
Estas novas liñas de negocio pretenden, ademais de desenvolver rutas e experiencias turísticas (10 itinerarios en total, 5 por cada GALP), fomentar o relevo xeracional, a fixación de poboación moza, unha maior profesionalización do sector turístico e pesqueiro e o impulso do emprendemento entre as mulleres mariñeiras.
De feito, para a identificación dos recursos que se incorporarán ás rutas convocaranse mesas transversais con representación do sector turístico e da administración pública dos 23 concellos. Esta decisión vén motivada polo interese xeral de buscar a cohesión territorial e ofrecer un produto turístico consensuado entre todos os implicados.
Accións a desenvolver
En paralelo ao deseño de itinerarios, e de cara ao coñecemento xeral da iniciativa, os GALP realizarán cinco xornadas de difusión entre a poboación para explicar as vantaxes do turismo mariñeiro. As charlas estarán dirixidas especialmente a persoas desempregadas, mulleres e colectivos en risco de exclusión.
Precisamente, estes sectores son os principais destinatarios das 18 sesións formativas e 5 prácticas que se impartirán sobre a creación de empresas e o deseño de actividades turísticas vencelladas ao patrimonio marítimo do territorio. Este seminario tamén será aberto e gratuíto.
A presidenta do GALP Golfo Ártabro Norte manifestou que un dos obxectivos principais do proxecto é desestacionalizar o turismo na zona, indicando que o “turismo mariñeiro ten que ser para verán e inverno”, algo co que coincidiu o alcalde de Valdoviño, que asegurou que “estas experiencias teñen que ser aproveitadas todo o ano, non só en verán”. Pola súa parte, o vicepresidente do GALP A Mariña-Ortegal destacou a unión e coordinación dos 23 concellos para que esta iniciativa sexa sostible ademais de rendible. A xefa de área provincial de Turismo de Galicia en Lugo puxo de manifesto a “satisfacción da Xunta” con este proxecto e ofreceu todo o apoio da Administración autonómica.
























A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



