O percorrido será de 8.700 metros para adultos, e haberá tamén probas para as categorías infantil e xuvenil. A carreira infantil sairá ás oito da tarde e discurrirá pola contorna do parque de San Francisco. A categoría xuvenil fará o percorrido entre a Illa Pancha e a praza de España, e a saída ao igual que na de adultos, será ás 21:30 horas. Esta é a décima carreira que organiza o club ribadense, que conta con medio centenar de socios.
