Para que un territorio interaccione e medre ten que necesariamente estar ben comunicado. No século XXI, no que todo é a golpe de clic, non se entende o crecemento sen un territorio ben comunicado que potencie os intercambios e relacións en pouco tempo. A política de crecemento da gobernanza global basease precisa-mentes hoxe máis que nunca na interrelación e nas sinerxías dos movementos e vangardas.
Calquera das zonas mundiais con esta potencia: Italia do norte, Benelux, Alemaña, Grandes Lagos, Osaka … teñen en común unha capacidade de interacción rápida e efectiva, os medios de comunicación e transporte entre as diferentes cidades están fortemente reforzados cun transporte público de calidade que ten unha efectividade real, non só cara fora da rexión senón que interrexional, que favorece o crecemento igualitario de cada vila e comarca que os conforma. Este é un dos piares do éxito como zona de referencia produtiva e potencia económica.
Galicia pola súa xeo-localización ten que converterse nunha forte rexión produtiva e plataforma de comercio global: Euro-rexión con Portugal, Atlántico, Cantábrico e saída cara Europa de moitos produto de entrada. Pero os distintos gobernos da Xunta fracasaron no primeiro paso: cohesionar Galicia para fornecer unha rexión global. Está opción de territorio punteiro está fracasar porque non se conta con Lugo e Ourense. A mostra real pona a famosa aplicación Google Maps cun exemplo práctico. Para viaxar de Burela a Monforte (165 km) en automóbil son 1 h e 59 min, en transporte público 16 h e 42 min e en bicicleta 9 h e 45 min, a realidade e fría e a xestión é pouca, pouco soluciona o ave neste caso, aínda que sexa necesario.
Gobernantes, non se pode medrar como País cando cruzar unha provincia leva a metade de tempo en bicicleta que en transporte público, precisamos de solucións xa, sen promesas e obras faraónicas só realidade e sentidiño. Facer de Galicia un referente no mundo comeza necesariamente por achegar ós galegos e galegas entre nós.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



