Viveiro 11-8-17. Dentro das actividades da da XXXIV Feira de Artesania de Viveiro, o ceramista Otero Regal, celebra maña sábado dia 12 de agosto, unha elaboración e cocción de pezas de cerámica coa técnica de Raku.
Cabe destacar que Regal Ceramicas, levan participando inenterrumpidamente nas 34 edicions da feira, da que foi creador e membro durante os primeiros anos da comisión que a creou e potenciou.
Os asistentes que primeiramente cheguen, serán os que poidan participar na elaboración e posterior cocción das pezas, que unha vez rematadas poderan levar de forma gratuita para as suas casas.
O horario será de 11 a 14 horas aproximadamente, coincidindo coa apertura da feira.
Proceso do Raku
As pezas levanse a un forno pequeño a 900 grados centígrados aprox. Cando os esmaltes alcanzan o seu punto de coccion sacanse, en estado de incandescencia e depositanse cuidadosamente, coa axuda dunhas pinzas de ferro, en un recipiente cheo de viruta de madeira (tamen se poden usar follas de xornal ou follas secas de arbores). O contacto con este medio incendiao e generase unha enorme cantidade de fume que penetra na peza e entra a facer parte de ela. Os esmaltes reaccionan co fume e o calor e convirten os óxidos en metales. Despois de varios minutos,o proceso químico fixase baixando bruscamente a temperatura con auga. Obteñense o final tonalidades, texturas, matices e cores fascinantes e nunca iguales dunha peza a outra, que poden ser desde roxos metalizados ata craquelados, nacarados r tornasoles característicos desta técnica.
O Raku é, pois, una complexaa alquimia onde interveñen os cuatro elementos (terra, lume, auga e aire) da cal resultan pezas únicas, sempre maravillosas.





















Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.



