A xornada de maxia tivo lugar na Casa do Mar este luns. Foi unha mañá na que os nenos desfrutaron dos contos e puideron confeccionar a súa propia bariña máxica. No programa Enredos de Verán, que dirixe a edil de Educación e Xuventude, Dolores García Caramés, están inscritos máis de 100 nenos de entre 3 e 12 anos. A programación continuará ata finais deste mes de agosto e o día 31 deste mesmo mes terá lugar a Festa final de verán.
Enredos de Verán
Enredos de Verán
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Obradoiro de Educación emocional e técnicas de relaxación o 24 de maio ás 10:30 no Centro Sociocultural de Alfoz
-
A deputada de Cultura Iria Castro asistiu este mércores á Festa daFilloa, que reuniu no recinto feiral de Muimenta centos de veciños evisitantes arredor desta receita tradicional