Foz 2-8-17. Este pasado xoves 27, ven de celebrarse o pleno da Corporación Municipal do mes de xullo do Concello de Foz. Un pleno no que as mocións que “Foz, Plataforma de Futuro” presentou para o seu debate e aprobación, foron aprobadas cos votos favorables de toda a oposición e a abstención do equipo de goberno.
No punto número 6 da orde do día figuraba a proposta de FPF de “Instar ó Concello de Foz ó para dar solución inmediata ó perigoso estado de abandono dun grupo de vivendas no barrio de Piñeiro, en San Acisclo”. Nos pasados días, unha familia da parroquia San Acisclo, do barrio limítrofe co Valadouro chamado Piñeiro, puxéronse en contacto con nos con desespero e impotencia, ante a situación que levan a padecer desde fai tempo. A súa vivenda vese afectada enormemente pola deixadez de tres propietarios de vivendas anexas que teñen as súas propiedades en estado ruinoso, cheas de maleza chegando incluso o tellado delas, vivendas moi antigas e deterioradas, deshabitadas e abandonadas desde hai aproximadamente 25 anos, que na súa maior parte da construción e de madeira, no cal agravase a situación de perigo de incendio. Os concelleiros puidemos comprobar “in situ” tal situación, percatándonos ademais que o muro de contención que bordea estas vivendas estase a desfacer a cachos, supoñendo un alarmante perigo para os que por alí pasan, posto que esta o lado da pista que transcorre cara as vivendas deste barrio. Comprobamos tamén o medo co que vive esta familia posto que apenas hai uns 10 pasos coas vivendas abandonadas.
A familia desesperada esta a esgotar a paciencia despois de acudir a varios organismos e non recibir resposta algunha, escrito no concello no ano 2015, aquí si recibiu resposta con informe da policía local e o secretario aplicando unha multa de 300 euros o propietario da vivenda e finca mais abandonada, non sabemos si se pagou ou non tal multa, o que contrastamos e que non se procedeu a limpeza. Senón se paga a multa ou si, e non se procede a cumprir a lei, ¿cal e o seguinte paso que ten que facer o noso concello?
A principios deste mes actual proceden a comunicalo a medio ambiente ,sen resposta, a dia de hoxe. Tamén dispoñen dunha denuncia ante o Seprona certificando o perigo de incendio que supón tal deixadez e a proximidade de vivenda habitada, na que queremos puntualizar habita unha persoa maior con mobilidade reducida.
O artigo 9 da lei 9/2002, do 30 de decembro de Ordenación urbanística de Galicia (en adiante LOUG) artigo 24 do decreto 28/1999 do 21 de xaneiro polo que se aproba o regulamento de disciplina urbanística de Galicia para o desenvolvemento e aplicación da LOUG establece a obriga dos propietarios de toda clase de terreos e construcións a mantelos nas debidas condicións de salubridade, seguridade e ornato publico, lexitimando, o artigo 199 da LOUG, ao Concello para ordenar os obrigados a execución das necesarias para conservar os edificios e terreos nas mencionadas condicións.
Foz Plataforma de Futuro advirte publicamente dun perigo real e desexamos que se solucione antes de lamentar danos irreparables.
Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a:
-Proceder a buscar a solución mais inmediata e urxente posible, para facer cumprir e aplicar o que establece a Lei 9/2002 no seu artigo 9 nos motivos anteriormente expostos , buscar os propietarios e facerlles chegar a notificación de tal obriga e estar vixiantes o seu cumprimento.
Esta moción foi aprobada cos votos favorables de toda a oposición e a abstención do equipo de Goberno do PP.
No punto número 7 da orde do día figuraba a proposta de FPF para –“Instar ó concello de Foz para mellorar a imaxe da zoa do Curbeiro con motivo da apertura do novo aparcadoiro” . Recentemente asistimos a apertura dun novo e amplo aparcadoiro na zona do Curbeiro, preto da nave municipal vella, a EDAR e a Piscina Municipal. Un aparcadoiro que se constrúe para incrementar as prazas de aparcamento debido ás obras de humanización da Avda. Da Mariña. Por certo, a proposta da nosa formación política. Entendemos que está nunha situación inmellorable, entre a zona comercial de Foz e o Porto, polo que vai a ser moi utilizado tanto polos veciños e veciñas de Foz, como por todas aquelas persoas que nos visiten, sobre todo agora en época estival.
Actualmente a zona non se atopa nas mellores condicións e da unha moi mala imaxe da nosa vila. Dende “Foz, Plataforma de Futuro” publicamos unhas fotografías nas nosas redes sociais do estado lamentable no que se atopaba a parte traseira da nave municipal, sobre todo onde se atopa a fonte, onde se fixeron todo tipo de vertidos e arroxado plásticos e demais lixo, a parte da desorde de contenedores, cachos de madeira, ferros, neumáticos, sacos de residuos, botes, e un sinfín de cousas máis que nos levaría tempo enumerar. Grazas a esta publicación parece que o equipo de goberno decidiu facer algo de limpeza, pero creemos que non é suficiente.
Segue a haber residuos de todo tipo cables, gomas, plásticos, neumáticos, cristais rotos, cartóns, ferros, bloques, baldosas de beirarrúa, vallas, residuos de obra, madeiras, etc… Seguimos a ter zonas sen rozar con grandes silveirais, a zona dianteira da Protectora sen rozar o igual que por debaixo das placas solares, algunhas rotas e non sabemos se están a funcionar. En resume, unha situación lamentable, dando unha imaxe pésima a todas a persoas que de agora en diante utilizan o novo aparcadoiro ou simplemente deciden baixar por alí para a explanada do Porto. Esta non é a imaxe que deberíamos ofrecer como vila mariñeira e turística. Creemos que non é tan complicado ter aquelo recollido, limpo e ben rozado, e ben asfaltado para evitar que sexa un barrizal.
Por outra banda, agora que se fixo o novo aparcadoiro saíu á luz a fonte que había nesta zona, e entendemos que ese furado que agora emerxeu á luz debería estar dalgunha maneira valado para que ningún menor ou persoa poida caer alí e teñamos un desgusto.
-Instamos ó Equipo de Goberno do Concello de Foz a:
1-Adecentar a zona do Curbeiro ó redor da nave do Concello, mantela limpa e recollida e rozar toda a maleza que queda por cortar para mellorar a imaxe desta zona.
2-Limpar a fonte do Curbeiro e valala para evitar que ningunha persoa poida caer nela.
Esta moción foi aprobada cos votos favorables de toda a oposición e a abstención do Equipo de Goberno do PP.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



