Cervo (Lugo), 2 de agosto de 2017.- O voceiro socialista de Cervo, Francisco Mon
criticou que “o PP oponse a que se incrementen os investimentos do Plan de Mellora Municipais, que este ano recortouse en mais de 30.000 euros”. Lembra que para o Concello de Cervo no 2016 dotouse con 53.208 euros; no ano 2017; 22.052,50 euros, e para o ano 2018 están destinados; 22.052,50 euros.
Coas cifras na man denuncia que os veciños sufrirán un recorte de 31.155,50 euros , o que supón un 58,55% menos que no 2016. Neste punto advirte “si nestes intres o abandono no rural xa é total, que faremos cando teñamos a metade dese orzamento”. lamentou.
Mon avanzou que na pasada sesión plenaria “o Grupo Socialista presentou unha moción coa que por un lado, demandamos á Xunta que incremente as axudas correspondentes ao PEIM, asegurando polo menos nas anualidades 2017-2018, a mesma cantidade que no ano 2016. E por outra banda, que a Xunta atenda a capacidade orzamentaria deste plan dun xeito prioritario. Pero atopámonos coa negativa do PP”.
O Voceiro Socialista remarcou que “presentamos esta proposta debido ás infinitas queixas que se están a recibir por parte dos veciños e veciñas do Concello, e en especial no rural, do abandono e deterioro que están a sufrir a inmensa maioría dos camiños municipais”. Dixo que hai moitos “camiños reais infranqueables, e case na súa totalidade intransitables, aos que o Concello non lles presta a debida atención, e que na maioría dos casos teñen que ser os propios veciños quen coa súa iniciativa sexan quen os manteñan e quen se preocupen de atendelos e arranxalos”, relatou.
Tamén aludiu ás sendas peoniles, “xa que carecen dun mínimo mantemento a pesar de que se ofertan como atractivos turísticos”. Nese senso lamentou a mala imaxe que perciben os turistas, e todos aqueles que veñen ao Concello e queren coñecer o noso rural. Xa que o único que ven é un abandono total”, resumiu.
Por último lamentou a pouca importancia que lle asigna a Xunta de Galicia a o noso medio rural.















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



