Foz 01-08-2017 Aprobadas as dúas mocións presentadas polo grupo socialista no pleno da pasada semana. Ambas encamiñadas para facer do Concello de Foz un lugar mais accesible para as persoas con mobilidade reducida e seguro para todos os veciños e visitantes, unha referíase ao entorno da Rapadoira reclamando unha rampa de acceso ao paseo no prado de ramos e o pintado de pasos de peóns onde dito paseo toca coa estrada e a outra para dotar de barandilla os accesos á praia dos Xuncos na parroquia de Cangas.
Entre os temas a tratar estaba a aprobación do inventario de camiños públicos, que contou co voto favorable do PSOE, xa que é a culminación da petición realizada mediante moción polo grupo socialista a principios do 2016. O feito de dispor de un inventario de camiños públicos aporta, aparte de seguridade xurídica e información sobre os mesmos, unha ferramenta básica para facer unha boa planificación para o seu mantemento.
Neste pleno desgraciadamente púidose comprobar unha vez mais, como o alcalde, cando o tema non lle interesa facilita tarde a información aos grupos políticos, nesta ocasión tratábase de un recurso de alzada presentado pola asociación de veciños San Gonzalo de Forxán, con fecha de entrada no concello o 13 de xullo. O PSOE e o resto de grupos da oposición non tiveron constancia de dito recurso nin da proposta da alcaldía ata escasas horas antes do pleno, tendo en conta que o 20 de xullo se celebrou a comisión preparatoria de asuntos de pleno ao PSOE parécenos unha falta de respecto e unha irresponsabilidade por parte do alcalde, que presente a última hora e apresa e correndo, unha proposta de desestimación, cun denso contido xurídico, sen dar apenas tempo ao resto de grupos para o seu estudo e toma de decisións sobre a mesma.
Unha vez mais volveu ao pleno de Foz o tema gestagua e a mucipalización do servizo de auga pública, foi a través de unha moción presentada polo BNG na que de demandaba a entrega inmediata do informe que esta realizando unha consultora sobre o estado actual da concesión. Aquí, o PSOE, quixo incluír unha emenda para que constase en dita moción que, unha vez recibido dito informe se comezase a traballar dende a corporación para a municipalización do servizo, é dicir que, a través da xunta de portavoces, da comisión de desenvolvemento local e mediante a creación una mesa sectorial da auga que reunise a todos os axentes sociais, se traballase sobre ese informe e en dirección a una futura municipalización do servizo de auga. Pero ao BNG, que lle gusta erixirse en adalide da municipalización, unha vez mais e xa é a terceira, o BNG dixo NON.
A municipalización nunca se vai conseguir sen contar coa vontade política de todos os grupos, sen sentarse e ver si é factible e viable tanto material como economicamente ou sen contar con expertos que asesoren sobre o tema. Independentemente de que o BNG non aceptase a emenda, o voto socialista foi favorable a moción dos nacionalistas, porque no PSOE estamos comprometidos e apostamos forte polo tema e deixamos de lado posturas partidistas ou recelos por quen encabece ou presente medidas neste tema, non obstante, xa vemos que á vontade política do BNG en avanzar de cara a una futura municipalización quedase unicamente sobre o papel e en palabras ao vento y non se traduce en feitos.
Á pregunta de que se fixo para evitar a marcha de Froitas Morriña, a resposta foi un monólogo do Sr Alcalde glorificando as súas actuacións, sendo bastante irrespectuoso coas declaracións da empresa e aclarando pouco do tema. Xa sabiamos perfectamente que se trata de un tema urbanístico, pero fai mais de un ano que o PXOM foi aprobado pola corporación local faltando unicamente a aprobación pola Xunta de Galicia, de estar aprobado non se daría o problema de que esta empresa se vexa obrigada a abandonar o noso concello. Como se acostuma a dicir “as cousas de palacio van despacio” pero, sendo Xunta e alcalde do mesmo partido, consideramos que podía haber solicitado máxima premura na aprobación definitiva do PXOM e buscar unha alternativa atractiva economicamente para esta empresa mentres tanto. Chama a atención as voltas que deu o Alcalde, por exemplo, para que Mensajeros de la Paz se quedasen coa nova residencia, da que agora di que vai sacar a xestión a concurso, pero que nun principio pretendía asignarlles a dedo e, non remova “roma con santiago” para que una empresa que ofrece numerosos postos de traballo e paga gran cantidade de impostos no noso concello se quede no término municipal de Foz.


















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



