Cervo, 11 de agosto de 2017. Cervo, a través da delegación de Cultura e Educación, segue en marcha cos obradoiros dentro do programa de actividades de verán.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, acompañado da edil de Cultura e Educación, Dolores García Caramés, comprobaron o pasado xoves como os nenos aprendían sen renunciar á diversión nunha das sesións celebrada na Casa de Administración de Cervo.
Di Villares que “o principal obxectivo destas actividades é manter aos nenos e nenas na dinámica de seguir aprendendo durante o verán dun xeito máis ameno e divertido”.
Este programa comezou o martes 4 de xullo e finalizará o 29 de agosto contando con máis de 80 nenos. Villares califica de éxito que os nenos e nenas queiran “aprender con nós e eso é un bo síntoma de que temos un programa atractivo capaz de convencer aos máis novos para seguir repasando coñecementos no verán”.