Dentro do programa de obradoiros e actividades de verán que ofertamos no Museo Provincial do Mar de San Cibrao hoxe, mércores 2 de agosto, levamos a cabo a actividade Escenarios (artes plásticas). Integrantes do Club Pequeamig@s realizaron unha nova singradura no museo. Traballaron en distintos panos e con obxectos reproducidos con diferentes técnicas que logo expuxeron recreando fabulosos espazos/escenarios museísticos. O próximo obradoiro para os Pequeamig@s terá lugar mañá, 3 de agosto, de 11:30 a 13:30 h e será sobre teatro. Para participar nestes obradoiros, como sempre totalmente gratuítos, só é necesario inscribirse no propio museo, chamar por teléfono ou a través do correo electrónico museodomar@museolugo.org.
