Lugo, 8 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o Alcalde de Alfoz, Jorge Val Díaz, o Tenente de Alcalde, Xabier Pardiñas Suárez, e o director valadourés, Manuel Lourenzo presentaron este martes no Castelo de Castro de Ouro, “Teatro no Castelo”, coa que a compañía Elsinor representará Derivas. O Goberno da Deputación contribúe con 8.000 euros ao financiamento dos eventos culturais deste Concello, como o festival de cine, as viaxes culturais, a publicación de libros, o mes do teatro, Festival Arcadio Mon, ou as Olimpiadas Interparroquiais.
A Deputada remarcou a intensa actividade cultural do Concello de Alfoz, que conta co apoio da Deputación. “Esta obra de teatro representase nun marco incomparable, como é o Castelo de Castro de Ouro, verdadeiro emblema histórico deste Concello. Esta representación celebrase nun entorno privilexiado, que permite desfrutar do teatro ao aire libre, da man dun dramaturgo, actor, director teatral, conferenciante, tradutor e dinamizador cultural extraordinario, como é Manuel Lourenzo. Unha oportunidade unica para gozar da obra dun autor de primeiro nivel, e de recoñecido prestixio”.
García Porto explicou que esta iniciativa, ao mesmo tempo de fomentar a cultura, contribúe á promoción turística deste pequeno Concello da Mariña Lucense. “Pois consideramos que este tipo de citas, que reúnen a un importante número de persoas, son fundamentais para dar a coñecer e poñer en valor cada recuncho da nosa provincia”.
O Alcalde de Alfoz agradeceu o compromiso do Goberno da Deputación na promoción da axenda cultural do Concello, e convidou a todos os visitantes a achegarse a Alfoz para gozar do teatro ao aire libre, e ao mesmo tempo coñecer os recursos turísticos do Concello.
Elsinor Teatro presenta Derivas
Dentro da programación de verán do Concello de Alfoz enmarcase a representación de Derivas, que realizará compañía Elsinor Teatro, escrita e dirixida por Manuel Lourenzo.
A obra, que se exhibe o vindeiro 19 de agosto no Castelo de Castro de Ouro, está interpretada por; Cristina Fuentes, Carmen Martínez, Xose Martínez, Xulia Miguel e o propio Manuel Lourenzo, e ten unha duración de 70 minutos.





















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



