Desde a Oficina de Información Xuvenil agradecen a alta participación de público neste espectáculo de música e teatro. Arredor dun cento de asistentes gozaron con Migallas Teatro.

“Crisálida” é unha peza que combina emoción, reflexión e entretemento, ofrecendo unha experiencia escénica que promove valores de igualdade e transformación persoal. A actividade enmárcase dentro da programación do Área de Muller e Igualdade do Concello de Xove, en colaboración co Ministerio de Igualdad, o Goberno de España e o Pacto de Estado contra a violencia de xénero. O acceso é libre e gratuíto ata completar aforo. Desde o Concello de Xove, convidan a toda a veciñanza a participar e a gozar dunha tarde de cultura compartida, reforzando o seu compromiso cunha sociedade máis xusta, inclusiva e igualitaria.
Tiña 68 anos. Os seus restos son velados no tanatorio de O Valadouro. O enterro terá lugar este xoves. Este mércores ao mediodía, a Corporación Municipal xunto con membros da Corporación do Concello do Valadouro e compañeiros de partido, traballadores do Concello e veciñas e veciños realizaron un acto na memoria do tamén Primeiro Tenente de Alcaldesa do Concello de Alfoz. Efigenia Maseda pronunciou unhas palabras e gardouse un minuto de silencio. O acto rematou con aplausos en recordo de Jorge Val
O Concello de Xove, coa colaboración do IES Illa de Sarón, organizou esta proxección sobre a mobilización contra o proxecto de construción dunha central nuclear no municipio nos anos setenta. Tivo lugar este luns 10 de xaneiro no Salón de Actos. Ademais do alumnado e profesorado do IES de Xove, tamén asistiu público interesado neste episodio.
Fíxoo cunha exhibición de ximansia rítmica e de patinaxe artística que tivo lugar no pavillón do CEIP de Cervo e que contou coa participación da alcaldesa, Dolores García Caramés, e do edil de Deportes, David Rodríguez, que fixeron entrega dos diplomas e dun detalle a cada unhas das crianzas que asistiron neste curso ás escolas que tamen contaron con outras disciplinas como voleibol, multideporte ou balonmán.
Será ás 20 horas. Ricardo Aller de Dios é un artista visual cuxa obra se desenvolve entre a fluidez da acuarela e a solidez da cerámica. A súa práctica explora a relación entre o efémero e o permanente, a cor como ferramenta emocional e a conexión entre os elementos naturais e a forma humana. A través da acuarela, investiga a transparencia, a mancha e o azar como linguaxes expresivas, mentres que na cerámica atopa un espazo de construción pausada, táctil e meditativa, en diálogo coa terra e o lume. A exposición poderá visitarse ata o 14 de Xullo.
Sami Ashour, natural da localidade de Khan Younis, no sur da Faixa de Gaza, onde reside a maioría da súa familia, é o presidente da Asociación galaico-árabe Jenin, que agrupa a comunidade palestina residente na Galiza. A palestra Sami Ashour pretende achegar un testemuño de primeira man sobre o xenocidio israelí en Gaza e ofrecer unha análise sobre as condicións de vida poboación gazatí.
Entre os participantes destacou a presenza do Excmo. Sr. Bispo de Mondoñedo Ferrol D. Fernando García Cadiñanos. Tamén participaron membros de Cáritas diocesana de Ferrol. O camiño foi un descubrimento para moitos, con paraxes diferente nos seus 7 Km de percorrido.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital