Mondoñedo, 19 de agosto de 2017 .- O Concello de Mondoñedo desenvolverá o proxecto #Mondotech. Do local ao global no século XXI, que ten como obxectivo principal o de explorar os novos formatos audiovisuais para poñer en valor o patrimonio histórico, turístico e cultural da cidade contando con supervisión tecnolóxica, científica e académica.
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, deu a coñecer hoxe as características deste proxecto promovido polo Goberno local para “acadar unha mellor promoción e posicionamento da cidade nas redes sociais e na Internet” e aproveitar deste xeito, engade, “as oportunidades que nos ofrecen as novas tecnoloxías para dar a coñecer os nosos recursos locais”.
Esta acción súmase ás diferentes medidas emprendidas xa pola administración local para dar a coñecer Mondoñedo como destino esencial na oferta turística “e favorecer así esta comunicación de destino a través das redes sociais e dos novos medios existentes co obxecto de captar novos visitantes”. A través deste proxecto, dende o Goberno municipal tamén promoven unha clara aposta polos produtos locais que “buscamos promocionar na Internet e vendelos a través da rede”.
Obtivo subvención de Agader
O Concello de Mondoñedo, promotor de #Mondotech, presentou este proxecto para o programa de axudas Leader da Xunta de Galicia, resultando aprobada unha subvención por 54.450 euros para o desenvolvemento desta acción, cun importe de 39.000 euros de axuda que será concedido na vixente anualidade; mentres que preto de 10.000 euros recibiraos o Concello no ano 2018. Polo tanto, este proxecto, dentro do GDR Asociación Terras de Mirada e de natureza non produtiva, obtivo unha alta valoración de 64 puntos que lle permitiu acadar unha porcentaxe de axuda dun 90%.
Obxectivos
Os obxectivos que guían este programa enmárcanse en catro grandes grupos:
-A creación e desenvolvemento de contido dixital sobre Mondoñedo, que será indexado nos principais motores de búsqueda (Google, Baidu, Yahoo e Bing). O contido estará traducido ata en cinco idiomas como son inglés, francés, español, galego e chino.
-Desenvolvemento dunha estratexia de marketing dixital e redes sociais para a promoción do patrimonio histórico-cultural de Mondoñedo, co obxecto de situar os contidos da cidade no mapa global baixo unha oferta turística de calidade.
-Impartiranse talleres de capacitación e concienciación para acercar Internet e as oportunidades desta nova tecnoloxía cara a autopromoción e a venda en Internet de produtos típicos de Mondoñedo.
-Crearase unha rede estratéxica de contacto para acercar o uso en Mondoñedo das principais aplicacións e tecnoloxías relacionadas coa economía colaborativa
-Crearase unha comunidade social que teña como unión os novos formatos audiovisuais para utilizar as novas tecnoloxías como minimizador da brecha xeracional, que promocione a creación de postos de traballo locais e a interacción entre veciños da cidade
Gravación en 360º, con drons e realidade aumentada
Para dar cumprimento aos obxectivos expostos, o proxecto inclúe accións específicas que se realizarán co uso de novos formatos audiovisuais. Entre elas, atópase a realización de gravacións con tecnoloxía 360º en lugares sinalados e actividades típicas mindonienses, como pode ser, por exemplo, a elaboración da tarta de Mondoñedo, unha visita virtual á Catedral, rutas de sendeirismo ou visitas á cova. Tamén se desenvolverá a web www.Mondoñedo360.com, unha páxina optimizada para vídeos 360º que poderán reproducirse tanto dende o propio navegador web como en gafas de realidade virtual.
Entre estas accións específicas que inclúe este proxecto atópase tamén a elaboración de personaxes e contidos históricos en realidade aumentada , que contarán unha historia sobre a cidade e que estarán dispoñibles nunha aplicación de descarga gratuíta (www.MondoñedoVirtualReality.com).
Ao descrito súmaselle a realización de gravacións aéreas con drons para a promoción online de Mondoñedo no mundo.
Mondoñedo en Europa e China e venda de produtos na Internet
Ao abeiro deste programa tamén se elaborará unha páxina web, www.TheMondoñedoValley.com, de promoción de Mondoñedo en Europa e China, que estará traducida a cinco idiomas.
Na memoria de #Mondotech exponse a maiores a creación doutro portal , www.mondoñedoonline.com, para a promoción e venta de produtos típicos de Mondoñedo a través de Internet.
Formación
#Mondotech. Do local ao global no século XXI tamén inclúe un ámbito de formación co desenvolvemento de charlas e talleres de formación sobre novas tecnoloxías e redes sociais a mindonienses; así como tarefas de asesoramento e acercamento coa economía colaborativa e os seus principais actores. Tamén se creará unha Comunidade Virtual do Val de Mondoñedo (www.mondoñedocommunity.com).
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



