Eses lugares que cada ano piso, por lo menos en tres ocasions e paso habitualmente varios veces o dia perante case un mes están de luto, o meu hote esa ali o lado na rua Santa Ana, xusto o lado donde estivo a se dos templarios en Barcelona da que so queda a fermosa capela gotica moui descoñecida ,por certo. Eses meus percorridos dende a Fonte de Canaletas ata o bar Opera que esta o lado do mural de Miro donde soio quedar com amigos dende fai 40 anos esta cheo de sangue e sintoe. Barcelona a que cheguei con 17 anos marcou a miña existencia e son un pouco dela pero a cousa preveiase, un cliente. Ivan de Escudillers que ten 6 tendas adicadas a ceramica nesa zoa deciame en Xaneiro que si sucederá aquí algo similar o de Paris eu xa sei que vou baixar a facturación un 30% e a ti vaiche repercutir da mesma forma.
O terrorismo yihadista é o resultado de deceas de anos de artimañas e conspiracións de EEUU, Gran Bretaña, Israel e Arabia Saudita, entre outros. A o-Qaeda foi patrocinada con todo luxo de recursos para intervir camufladamente na guerra que mantivo Afganistán contra a Unión Soviética en tempos de Ronald Reagan. A CIA creaba campos de adestramento en Pakistán, o mesmo Osama Bin Laden foi reclutado e adestrado como guerrilleiro. Anos máis tarde, e vista a eficacia da estratexia, aparece o Estado Islámico ou ISIS, creado como unha rama da o-Qaeda baixo os auspicios da CIA, o Mossad israelí, o M16 británico e os servizos intelixencia de Pakistán e Arabia Saudita, para loitar xunto aos rebeldes sirios co propósito de derrocar o goberno de Bashar ao Assad e a aviesa intención de causar os maiores estragos en Siria e Irak. Ata As brutais decapitacións realizadas polos terroristas de ISIS, forman parte dos programas de adestramento patrocinados pola CIA en campos de Arabia Saudita e Qatar e cuxo obxectivo é causar pavor e conmoción. Incitan, arman, reclutan, adestran e dirixen grupos terroristas que logo se desmarcan atacando fóra do seu contexto. Ou, seica, tamén iso estará premeditado para xustificar un achegamento veloz cara a un estado policial de ámbito mundial.
O certo é que a forma de actuar deste terrorismo disperso crea tensión e desconfianza, é aleatorio e sorpresivo, non atende a regras. As vacacións ao virar a esquina e de fondo as imaxes dunha rua regada de turistas mortos. Estremecedor. Cálido ambiente para estar atentos aos unánimes discursos sobre reforzar a vixilancia e, de paso, limitar os dereitos cívicos. É necesario, din. A seguridade cidadá e todo iso. Ou seica agora, o monstro creado tomou deriva propia e quere ser un verdadeiro Estado.
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



