Lugo, 11 de agosto de 2017. O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Guitiriz, Regina Polín Rodríguez, presentou este venres as actividades deportivas fluviais, gratuítas e para todos os públicos, que o Goberno Provincial leva durante agosto e comezos de setembro a Concellos do interior de todas zonas da provincia (norte, centro e sur). Faino no marco do 1º Plan Estratéxico de Turismo, cumprindo cunha das súas liñas de actuación, que é a posta en valor dos recursos e zonas fluviais lucenses, ofrecendo nas mesmas unha alternativa deportiva e lúdica coa que promover o sector turístico.
Rivera Capón, que presentou esta programación xunto á Rexedora guitiricense na área recreativa de Parga, onde se desenvolverá unha das xornadas, destacou que “con esta iniciativa buscamos reforzar no verán, cando temos a máis visitantes na nosa provincia, a oferta lúdica e deportiva no interior do conxunto da provincia, ofrecendo tanto no norte, centro como no sur lugués unha alternativa ao turismo de praia, e amosando as posibilidades de lecer tamén nos nosos ríos. Trátase de poñer en valor os recursos fluviais da nosa provincia para contribuír ao impulso do turismo”.
Actividades e seguridade
A programación de actividades deportivas fluviais, que é gratuíta e para todos os públicos, inclúe 12 xornadas, que se desenvolverán en espazos naturais de Navia de Suarna, Vilalba, Negueira de Muñiz, Ribas de Sil, Chantada, Monforte de Lemos, Sarria, A Pontenova, Guitiriz, Trabada, Portomarín e Lugo.
As actividades inclúen atraccións inchables, tobogáns, balancíns, pulpos, rocódromos acuáticos, pistas de obstáculos, kaiaks, waterballs… animacións musicais ou xogos populares.
Cada sesión, que terá unha duración de entre tres e catro horas, contará coa supervisión de, canto menos, un coordinador e entre seis e doce monitores, que se encargarán do coidado e atención dos participantes para garantir unha actividade divertida e segura. As persoas que non saiban nadar terán que ir acompañadas.
Programación
•Navia de Suarna – 12 de agosto – Praia fluvial A Proba (16:30 a 19:30 horas).
•Vilalba – 14 de agosto – Área de recreo A Madalena (16:00 a 20:00 horas).
•Negueira de Muñiz – 15 de agosto – Área Recreativa Virxe da Veiga (16:00 a 19:00 horas).
•Ribas de Sil – 16 de agosto – Praia Fluvial San Clodio (17:00 a 20:00 horas).
•Chantada – 20 de agosto – Praia do Parque Sangoñedo (16:00 a 19:00 horas).
•Monforte – 22 de agosto – Paseo do Malecón (16:00 a 19:00 horas).
•Sarria – 23 de agosto – Area de recreo O Chanto (16:00 a 20:00 horas).
•A Pontenova – 26 de agosto – Pozo da Ola (17:00 a 20:00 horas).
•Guitiriz – 26 de agosto – Área recreativa de Parga (16:30 a 19:30).
•Trabada – 27 de agosto – Ría de Abres (16:00 a 19:00 horas).
•Portomarín – 1 de setembro – Náutico (16:00 a 19:00 horas).
•Lugo – 2 de setembro – Club Fluvial (16:00 a 20:00).
I Travesía do Caneiro
A derradeira das sesións, que terá lugar na capital luguesa, no entorno do Club Fluvial, será o 2 de setembro, coincidindo coa I Travesía do Caneiro, un evento deportivo de natación en augas abertas, que discorrerá nun circuíto paralelo ao caneiro e que, dependendo das categorías, desenvolverase en tres probas: unha travesía popular, non competitiva; unha travesía curta de 800 metros e unha longa de 1.500 metros.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



