O Obradoiro da Queimada celebrouse este xoves, dentro da programación dos Enredos de Verán, que dirixe a edil de Cultura, Educación e Xuventude, Dolores García Caramés. Os nenos fixeron os seus particulares carteis desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que celebra este sábado, 19 de agosto, a súa 39 edición. Por outra banda, recordamos que este xoves continúan as festas do San Roque en Cervo co IV Master Chef Cervo, que se desenvolverá entre as 18:00 e as 20:00 horas. O venres terá lugar o ensaio xeral da Queimada Popular, tamén en horario de 18:00 a 20:00 horas.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



