Ribadeo, 17 de agosto de 2017. O Concello levará a cabo obras de saneamento nas parroquias de Ove e Couxela. O presupostos global ascende a 36.000 euros procedentes de fondos municipais. As empresas interesadas teñen de prazo ata o día 25 deste mes para presentar as súas ofertas.
O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que “estes días temos en licitación, está colgado no perfil do contratante, un proxecto que queremos facer nas parroquias de Ove e Couxela. Queremos reforzar a rede de abastecemento de auga que vai a Seixadelo e concretamente tamén a Santa Cruz, á Casa da Ría, que é propiedade municipal. Dende hai moito tempo temos graves problemas, dado que hai un pozo que seca moitas veces e non temos operatividade na Casa da Ría, en Santa Cruz, e de paso queremos reforzar o subministro que vai a Seixadelo, outro barrio que queda alí cerca”.
O rexedor contou que “por outra banda, na parroquia de Couxela queremos reforzar o subministro no núcleo de Casas Novas. Alí teñen pouca presión dende hai tempo e están bastante preocupados naquela zona, e de paso queremos facer un novo ramal para abastecer ao núcleo de Moural”.
Fernando Suárez dixo que “contamos con todos os permisos autonómicos da comisión dos Camiños de Santiago e tamén da Deputación Provincial de Lugo por discorrer esta nova acometida no que ten que ver coa parroquia de Ove por vieiros das súas competencias”.
O alcalde engadiu que “o proxecto global son uns 36.000 euros e a empresa adxudicataria terá o prazo dun mes para executar estas obras. Polo tanto convidamos a todas aquelas empresas que o desexen que poden consultar o perfil do contratante ata o 25 de agosto”.
Fernando Suárez subliñou que “a totalidade destes recursos económicos saen de fondos propios, de fondos municipais do Concello de Ribadeo”.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



