Santiago de Compostela, 9 de agosto de 17. O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, vén de rexistrar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamar a retirada do anteproxecto de lei publicado o pasado 2 de agosto co que a Xunta quere modificar de xeito unilateral a Lei de Saúde e o mapa sanitario de Galicia. Torrado solicita ademais a conformación dun grupo de traballo con representantes dos partidos, Fegamp, sindicatos, asociacións e colectivos sanitarios para consensuar as posibles melloras normativas e as necesidades de modifiación da lexislación. Os socialistas veñen de pedir ademais a reunión da deputación permanente para celebrar un pleno extraordinario no que compareza o conselleiro de Sanidade.
Torrado apunta que no goberno galego hai “un problema grave en canto ás formas”, por ter presentado un anteproxecto deste calado “de forma oscurantista” de xeito que o plazo de 15 días para a participación cidadá coincida na primeira quincena de agosto, e tamén en canto á forma, xa que tanto a participación cidadá como a composición dos Consellos de Saúde quedará definida desde agora “por decreto” do Consello da Xunta. Ademais, o anteproxecto reformula a ordenación actual das áreas sanitarias, que xa está fortemente cuestionada, “cara un modelo máis concentrado e que perde atención ás comarcas e áreas sanitarias rurais e semiurbanas”.
Hospitais “de segunda” no Salnés, Mariña, Monforte e Valdeorras
“Ao fío desta nova delimitación do mapa sanitario quedan no aire as áreas sanitarias do Salnés, Mariña Lucense, Monforte e Valdeorras, por ser áreas comarcais nas que se abre a porta á perda de servizos en favor das concentracións de servizos nos centros hospitalarios das grandes urbes”, advirte Torrado. “Segundo a normativa que se pretende impor existiría a posibilidade de que un decreto deixara sen servizos sanitarios mínimos dun hospital aos centros das áreas sanitarias comarcais”, explica. O socialista critica que a Xunta queira “impoñer un modelo de hospitais de segunda” que “se convertirían en grandes ambulatorios pero non terían a capacidade sanitaria que precisan”.
“A gravidade das propostas de modificación na participación e definición do mapa sanitario, así como noutras áreas como a inspección ou a investigación, fai necesario abrir un debate profundo na busca do acordo sobre as modificacións deste nivel nunha lei de tal relevancia e que se modifique o camiño iniciado o 2 de agosto”, conclúe Torrado.

















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



