A Mariña, 3 de agosto 2017. A modificación do mapa sanitario galego proposto no anteproxecto de lei polo que se modifica a Lei de Saúde de Galiza vai provocar mais deterioro na sanidade pública na comarca da Mariña, consolidando os recortes e mermando ainda mais a calidade asistencial das usuarias e usuarios. Así o manifestan desde o BNG. A responsable comarcal da formación nacionalista, Ana Ermida tamén incidiu no feito de que o Partido Popular unha vez mais intente meter pola porta de atrás unha nova medida perxudicial para a nosa comarca, en pleno mes de agosto e establecendo neste mesmo mes 15 días para alegacións.
Con esta reforma lexislativa certifícase a desaparición da Área Sanitaria da Mariña, centralizando en Lugo a maior parte dos recursos sanitarios e humanos e sen ningún poder de decisión a nivel da comarca.
Para o BNG, a planificación sanitaria tén que realizarse atendendo ás necesidades da poboación, pero con esta modificación a planificación vai facerse en función dos recursos sanitarios existentes. Polo tanto, se non hai recursos non hai asistencia. Os grandes hospitais de referencia, como neste caso o HULA absorberán a maior parte dos recursos sanitarios e as mariñás e mariñaos terán que desprazarse ainda mais veces a 100km de distancia dos seus domicilios.
“O que se agocha detrás desta modificación lexislativa, é a pretensión do Partido Popular de dificultar a accesibilidade da poboación ao sistema sanitario público, seguindo tamén na súa liña de suprimir servizos na Mariña” afirmou Ana Ermida.
A Atención Primaria vaise ver mermada con esta reforma.
Para o BNG, as reformas deben de ir noutra dirección, que contemple o mantemento das áreas sanitarias poñendo en valor hospitais coma o hospital da Costa, e impulsando a mellora da calidade na Atención Primaria, algo demandado sempre desde a formación nacionalista, pero con esta reforma, vaise resentir ao perder autonomía, subordinándose ao centro hospitalario de referencia que neste caso será o HULA, de Lugo.
“As peores previsións a respecto da sanidade na comarca da Mariña desgrazadamente parece que están a cumprirse”, manifestou Ana Ermida, quen recordou a “luminosa” idea anunciada polo deputado do PP Daniel Vega de cambiarlle o nome ao Hospital da Costa. “Esa foi a súa grandísima aportación ao benestar das mariñás e mariñaos”, afirmou.´
Desde o BNG anuncian tamén que pedirán a retirada do anteproxecto de reforma da Lei de Saúde de Galiza.




















No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



