Lugo, 23 de agosto de 2017. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns no Museo Provincial de Lugo o libro de actas do VIII Congreso Galego de Cruceiros que tivo lugar o pasado mes de novembro no Museo Fortaleza de San Paio de Narla, organizado pola Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas.
Fíxoo acompañada polo Presidente da Asociación, Fernando Arribas Arias, coa que colabora o organismo provincial cunha achega económica de 3.000 euros para a celebración destas xornadas nas que participaron máis de 30 expertos de toda a xeografía galega e tamén chegados de Portugal, así como a publicación do libro.
García Porto subliñou que “durante os dous días que durou o Congreso, os relatores expuxeron os seus estudos e investigacións sobre estes monumentos declarados Ben de Interese Cultural (BIC), e hoxe presentamos o froito dese traballo a través deste libro que recolle as actas da oitava edición do encontro”.
A Deputada de Cultura engadiu que “a labor de inventariado e catalogación de cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas é fundamental para conservar unha parte do noso patrimonio cultural e artístico, por iso apoiamos tanto a celebración do Congreso como a publicación deste documento”.
O libro de actas do VIII Congreso Galego de Cruceiros estará dispoñible en librarías de toda Galicia a un prezo de 5 euros para os socios da Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas, e 10 euros para o público en xeral.
As edicións anteriores do Congreso Galego de Cruceiros celebráronse en Poio, Ponteareas, Santiago de Compostela, O Porriño, Monforte de Lemos e Ourense. Xustifícase a creación da asociación e o estudo dos cruceiros polos singulares valores materiais e inmateriais destes monumentos da arte popular galega, que adoitan estar ligados, dende a Idade Media, aos vellos camiños de peregrinación. Na actualidade, Galicia conta con máis de 8.000 cruceiros, considerados Bens de Interese Cultural (BIC).
Relatorios incluídos no libro
1.- Cruceiros, Cruces, Viacrucis e Petos de Ánimas da Ribeira Sacra Lucense: Concello de Chantada, por Fernando Arribas Arias.
2.- Cruceiros, Cristos, Cruces de Pedra, e Esmoleiros do Concello de Guntín de Pallares (Lugo), por José Manuel Blanco Pardo e Manuel Muñiz Besteiro.
3.- Cruceiros e Cruces de Pontedeume, por Juan J. Burgoa.
4.- Devociones en granito: los cruceiros medievales en la provincia de A Coruña, por Sara Carreño López.
5.- Un traballo de arquitectura popular. Os petos porticados, por Ángel Cerrato Álvarez.
6.- Probas e consideracións sobre o escultor Ignacio Cerviño, por Anxo Coya.
7.- Os cruceiros como tema da poesía publicada na prensa nos séculos pasados, por Cecilia Doporto.
8.- Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Arbo (II): parroquias de Cabeiras, Cequeliños, Mourentán e Sela, por Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
9.- Cruces, Cruceiros e Petos do Concello da Guarda (II): Parroquia da Sunción da Guarda, por Victoria Fernández de la Cigoña Núñez.
10.- Os Viacrucis da cidade de Santiago de Compostela, por Clodio González Pérez.
11.- Viacrucis e Piedades do Ribeiro, por Xesús Antonio Guliás Lamas.
12.- O Viacrucis de Santo André de Xeve (Pontevedra): entre a devoción e a ruína, POR Xoán Ibáñez Rodríguez.
13.- Un cruceiro galego na cidade do Porto, por Lois Ladra.
14.- Morren os petos, xorden os esmoleiros. O caso dos Esmoleiros da virxe de fátima en Ponteareas (Pontevedra), por Mónica Leirós Bargiela e Purificación Porto Sebastián.
15.- Cruces, Cruceiros e Petos da Parroquia de Santa María de Tomiño (Tomiño-Pontevedra), por Félix Loira Pérez e Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez.
16.- Devociones en Granito: Los Cruceiros medievales en la provincia de A Coruña, por Alberta Lorenzo Aspres.
17.- Alejandro Cabanelas e o Cruceiro coruñés da Praza do Marqués de San Martín, por Francisco X. Louzao Martínez.
18.- Cruces y Crucero de Santa María de Lordelo (Monçao, Portugal), por María Prieto Vergara.
19- Cruceiros, Cruces e Viacrucis do Concello de Burela, por Mario Saavedra Pérez.
20.- Cruceiros, Cristos, Cruces e Petos de Ánimas do Concello de Foz (Lugo), por Mario Saavedra Pérez.
21.- Cruceiro e Peto de Ánimas de San Francisco das Cortellas (Padróns-Ponteareas), devocións ao pé da Capela e Romaría de San Francisco, por Andrés Sampedro Fernández.
22.- Terra de Nemancos. Cruceiros nunha paisaxe desagrarizada, por Manuel Vilar Álvarez.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



