Mondoñedo, 23 de agosto de 2016.- A Concellería de Xuventude do Concello de Mondoñedo organiza a terceira edición da Festa da Xuventude que terá lugar o venres 8 de setembro, a partir das once da noite e ata entrada a madrugada na praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, presentou hoxe o cartel da festividade, deseñado pola mindoniense Julieta Vargas. Estivo acompañado pola propia artista, xunto aos djs mindonienses, Vítor Pumariño e Alberto Leivas.
García avanzou que “esta edición a Festa da Xuventude conta de novo cun variado programa, no que tamén ten un especial protagonismo o alumnado da Escola de Música, que interpretará diferentes actuacións que están de moda no panorama musical actual”.
O cartel inclúe un ampla variedade de estilos e formacións, onde se lle da primacía aos artistas locais; pero no que ten gran relevancia a actuación estelar de Borja Rubio, cantante de música electrolatina.
O concelleiro precisou que “coa festa da Xuventude se dan por iniciadas as Festas patronais de Nosa Señora dos Remedios, que se prolongarán ata o luns 11 de setembro, festivo local, e animou a todos os mozos e mozas a participar desta festa que o ano pasado contou cunha gran acollida e ampla participación”.
Dende o Goberno local do Concello de Mondoñedo agradecen a colaboración para a celebración da terceira edición desta festividade da emisora Cadena 100, así como o apoio dos bares da Praza do Concello.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías amosouse moi satisfeito coa organización desta nova edición e sinalou que “esperamos que teña a mesma acollida multitudinaria que a do pasado ano”.
Cartel
O cantante revelación Borja Rubio actuará na Praza do Concello a partir das once da noite. Este cantante e produtor gaditano conseguiu millóns de visitas en Youtube e reuniu a máis de 10.000 fans nos seus últimos concertos que deu en distintas cidades de España. Borja triunfou con éxitos na rede como Fuego en la Piel, Me Enamora ou Señorita xunto ao domincano Henry Méndez. Tamén fixo colaboracións con outros artistas como Kiko Rivera ou Demarko Flamento e Maki.
O programa desta terceira edición da Festa da Xuventude tamén integra a actuación do grupo xuventude, que compoñen Alex Barreira, Sara Pena, Belén Ramos e Pablo Maseda. Son alumnos da Escola de Música de Mondoñedo que interpretarán distintos éxitos do panorama musical.
O cartel complétase cos djs mindonienses Vitor Pumariño e Leivas e máis co pontevedrés AR3S.






















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



