Foz, 29 de agosto de 2017. RadioVoz realizará un programa especial dende Foz en directo este xoves, día 31, de once a doce da mañá para todas as emisoras desta cadea na provincia de Lugo.
O programa emitirase dende O Muelle Bar, na explanada portuaria focense, e estará dirixido e presentado por Félix Jorquera. Dedicarase fundamentalmente á Festa Normanda e aos numerosos atractivos que ofrece o concello de Foz este verán. Entre os invitados que participarán neste espazo radiofónico estarán o alcalde, Javier Jorge Castiñeira; o presidente da asociación Desembarco Normando, Pablo Fraga; e o pregoeiro desta edición da Festa Normanda, Juan Varela.
