Ribadeo, 27 de setembro de 2017. Este domingo, día 1 de outubro, ás 19 horas no Cine Teatro de Ribadeo haberá un concerto da Banda Municipal de Betanzos, con entrada de balde. Esta actividade, que está organizada pola asociación Amadores da Música coa colaboración do Concello ribadense, estaba anunciada para este venres pero tivo que ser cambiada de día debido a un imprevisto de última hora. Por outra parte a Banda Municipal de Música de Ribadeo actuará, tamén este domingo, día 1 de outubro, nas festas de San Miguel de Reinante.
O director da Banda ribadense, David Ballester, explicou hoxe que “este domingo, 1 de outubro, ás sete da tarde no Cine Teatro terá lugar un concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos. Esta actuación estaba programada inicialmente para este venres pero xurdiu un imprevisto de última hora e vímonos na obriga de cambiala para o domingo. Este concerto está enmarcado no intercambio que facemos con eles, xa que a Banda de Ribadeo acudiu hai uns anos a Betanzos a facer un concerto no festival de bandas desa vila. Debido a non posibilidade de acudir a Banda de Betanzos cando que temos aquí o festival de bandas decidimos trasladar o seu concerto a estas datas”.
David Ballester quere “invitar a toda a xente que estea por Ribadeo este domingo a que acuda ao Teatro a gozar do concerto da Banda Municipal de Música de Betanzos. Polo que me comentaron ofrecerán un repertorio variado con obras de diferentes compositores e distintos estilos, polo que vai ser ameno”.
Ballester engadíu que “no referente á Banda de Ribadeo xa retomamos a actividade outra vez e este domingo actuaremos en San Miguel de Reinante con motivo das súas festas patronais. Invitáronos e estaremos alí o domingo para facer un pequeno concerto ao mediodía, despois da misa”.
























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



