Foz, 20 de setembro de 2017. A Casa da Xuventude de Foz acollerá o día 28 deste mes, xoves, a partir das cinco da tarde as actividades da iniciativa denominada Rapaciñ@s, sobre o uso das novas tecnoloxías.
Desde o departamento de Xuventude do Concello focense explican que “a iniciativa Rapaciñ@s ten por obxectivo que nais, pais e docentes accedan a información e recursos educativos de interese para que poidan acompañar a incorporación ás novas tecnoloxías dos seus fillos, fillas ou estudantes. Asemade Rapaciñ@s desenvolve actuacións orientadas especificamente a nenas e nenos de todas as idades para que adquiran hábitos seguros para navegar na Rede e poidan desenvolver a súa creatividade tecnolóxica a través de obradoiros e xogos didácticos. O programa desenvolve diferentes actividades como charlas a menores, acompañadas de actividades lúdicas, sobre as novas tecnoloxías, onde expertos achegan consellos e responden dúbidas sobre o uso de Internet e as redes sociais”.
Tamén engaden que “o 28 de setembro celebraremos en Foz unha xornada para nais/pais/docentes e nenos/as, con dúas iniciativas combinadas. Por un lado teremos un obradoiro de programación para os/as máis pequenos/as, con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. Un obradoiro no que se quere que os rapaces e rapazas descubran o sentimento de crear algo de comezo a fin, fomentar neles a curiosidade, o pensamento crítico, concentración,… Achegarémonos á robótica e á electrónica creando. Por outro lado teremos un faladoiro para pais/nais/docentes, co obxectivo de que poidan acceder á información e recursos educativos de interese para que poidan acompañar a incorporación ás novas tecnoloxías dos seus fillos, fillas ou estudantes. Terá unha duración de unha hora para a exposición e logo abrirase tempo para dúbidas, debate e procura de solucións”.
Finalmente anuncia que “as dúas iniciativas terán lugar na Casa da Xuventude de Foz o vindeiro 28 de setembro a partir das 17 horas. As prazas son limitadas e a inscrición poderá realizarse na Casa da Xuventude, a través do teléfono 982.133.037, do correo xuventude@concellodefoz.es ou dos perfís oficiais do Concello de Foz nas redes sociais: facebook, twitter ou instagram”.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



