Lugo 11-9-17. A Fundación TIC da Deputación, a través do InLugo, impartirá 64 cursos e obradoiros gratuítos no 4º trimestre de 2017, 21 máis que na anterior tempada. O Presidente da TIC e da Deputación, Darío Campos, presentou este luns o programa de actividades de novas tecnoloxías destinadas aos lucenses de máis de 55 anos, que suman un total de 877 prazas, o dobre que no trimestre anterior. Arrancara este mércores, 13 de setembro.
Darío Campos, que estivo acompañado pola Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, dixo que “neste trimestre imos reforzar o labor social que está a desenvolver a TIC cun sensible incremento no número de cursos e prazas. Queremos atender así a alta demanda que temos e achegar ao maior número posible de maiores os beneficios que ten o uso das novas tecnoloxías na súa vida cotiá, nas súas relacións sociais, na súa saúde e na súa autonomía persoal”.
Segundo o máximo responsable da TIC “os lucenses de máis de 55 anos que xa pasaron por estes cursos son o mellor exemplo de que as novas tecnoloxías, ademais de útiles para mellorar a súa calidade de vida, son moito máis doadas de empregar do que parece. Por iso, quero animar aos nosos maiores a que se apunten a estas actividades e venzan o medo a estar desfasados. Aquí, ademais, atoparán novos amigos e formarán parte da familia da TIC”.
Máis cursos onde hai máis demanda
Os cursos serán de diversa duración. 37 serán de dous ou tres días, mentres que os outros 27 terán unha duración dun día. Estes últimos, que se impartirán os luns pola mañá e pola tarde e os venres pola mañá, están especialmente dedicados ao reforzamento de coñecementos, e necesitarán inscrición previa para cabida a todos os demandantes e poder distribuímos nos correspondentes días.
Con respecto ás materias, Campos anunciou que “aumentaremos o número de aqueles cursos con máis demanda, os do uso do móbil e de Internet. Pasarase de dúas a tres edicións, tanto do primeiro nivel como do segundo”. Tamén destacou “os obradoiros destinados á mellora da memoria e das habilidades cognitivas e psicomotrices, como os de Xbox ou Wii, que fomentan este tipo de exercicios mentais”. Logo do éxito da anterior tempada, este trimestre haberá 8 obradoiros de memoria. Ademais, dentro da programación os maiores da provincia poderán elixir entre talleres de redes sociais, correo electrónico ou uso de whatsapp, entre outros.
Aberto o prazo de inscrición
O prazo para apuntarse ábrese este mesmo luns, 11 de setembro. Os interesados xa poden inscribirse a través de www.fundaciontic.org e www.deputacionlugo.gal ou chamando ao teléfono 982 225 186. “Como sempre recomendamos que os interesados se dean présa porque as prazas soen cubrirse xa o primeiro día” apuntou Darío Campos.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



