Ó goberno dun estado, chámaselle tamén poder executivo. Ten o simbolismo de que é o encargado de executar e ditar resolucións executorias que saen do lexislativo. O problema chega cando ese poder executivo, nas cuestións de fondo e de Política con maiúscula, non ten capacidade de executar. Ben si ten, mais quen o lidera ten outra forma de actuar ben distinta: “a velas vir” e que outros solucionen a papeleta. Esa foi sempre a actuación do Señor Rajoy, esperar e ser forte…. de feito sabemos que da eses consellos ós amigos íntimos, pensando en que o tempo o soluciona todo e a memoria colectiva é corta. Pero o que non contaba Rajoy é que ás veces o tempo pásache por diante como está a acontecer en Cataluña.
Este tipo de política só necesita un dogma inamovible e Rajoy e o PP, coa complicidade do Partido Socialista de España (que non obreiro) e dos laranxas, atopouno na Constitución Española, que se deixa usar da forma convinte e que ó parecer é moi complicado reformar agás claro está, para o interese do Capital. É certo que a consulta non é legal, non o nego, pero non é menos certo que o mundo avanza e o que era normal en 1978 non o é tanto en 2017 (hoxe as TV son en color e planas) pero non ía ser menos, no tema da Constitución, tamén estamos a velas vir. Gustaríame saber en que lugar da Constitución figura un organismo chamado Troika que marca dende fai anos a política económica do estado español e a vida de moitos de nós.
Coido que o paso por unha Deputación marcou a operatividade do Sr. Presidente, esa tranquilidade esa falla de transparencia é cómoda. O que si é certo é que pasará a historia de Europa como un político sen altura para o momento, sen capacidade e sen modernidade para ver que a definición da Europa dos estados está rematando co Brexit, con Escocia, con Cataluña, Pais Vasco, Bretaña, Irlanda …. e ten que ser tamén con Galicia.
O problema é que moitos políticos e partidos confunden conservador con conservar, con conservar estruturas cómodas e fáciles de controlar, con conservar mecanismos partidarios para asegurar a moqueta e garantir a súa rede partidaria. Non caen na conta de que non todo o mundo está a velas vir, e o final vai ser tarde para cambiar as cousas, pero iso é o que pretenden claro. Era ben non deixarlles, e ter moi presente que Galicia ten que estar na nova construción do orde global na nova Europa dos Pobos e do Piar Social.
Juan Carlos Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



