Lugo, 28 de setembro de 2017.- A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do Igape e en colaboración coa Asociación de Empresarios de Materiais para a Construción (Asemaco) pon en marcha unha nova convocatoria do plan Reforma 17, co obxectivo de facilitar a modernización de cociñas e baños nos fogares galegos e dinamizar, ao mesmo tempo, a actividade e o emprego entre as pemes e os autónomos da construción.
Así o explicou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen indicou que os beneficiarios poderán obter rebaixas do 40% nos custos de produtos e mobiliario de cociñas e baños, dado que ao 20% que aporta a Xunta en axuda directa se suma outro desconto do 20% a facer polas empresas adheridas ao programa.
Como na anterior edición, o custo mínimo dos produtos adquiridos ao abeiro do Reforma 17 será de 1000 euros, e as axudas públicas oscilarán entre un mínimo de 200 e un máximo de 1000 euros. A previsión é que esta terceira edición permita mobilizar 20 millóns de euros no sector.
Distintos prazos para empresas e particulares
Desde hoxe mesmo e durante dez días, os establecementos e empresas de distribución de materiais de construción interesados en acollerse ao programa poden adherirse ao Reforma 17.
Por outra banda, os particulares que desexen reformar cociñas ou baños co apoio deste programa poderán presentar as súas solicitudes, sempre a través das empresas adheridas –que o farán de forma telemática–, desde o 11 de outubro e ata o 17 de novembro próximos.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



