Lugo, 24 de setembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella e a directora xeral de Administración Local, Marta Fernández Tapias indicaron hoxe a importancia das comunidades de veciños para detectar posibles casos de violencia de xénero.
López Abella e Fernández-Tapias participaron nos actos do Día do Veciño, organizados pola Asociación de Veciños, Lucus Augusti, onde indicaron que a prevención e a detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades veciñais é relevante e o camiño a seguir polo goberno galego é seguir implicando á toda a sociedade na loita contra esta lacra e no apoio ás vítimas. A titular de Igualade fixo especial fincapé en que os veciños e as veciñas son de vital importancia, e moitas veces a fonte máis próxima de axuda á vítima.
O goberno galego decidiu ampliar recentemente a orde de axudas destinada ás asociacións veciñais, ata chegar a un orzamento global de 2,4 millóns de euros, xa que considera fundamental a colaboración co movemento asociativo, como mellores coñecedores das demandas e necesidades reais da cidadanía, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida local, e fomentar e dinamizar o movemento veciñal.
No acto, a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella recibiu o Premio V de Veciño por parte da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo “Lucus Augusti” integrada por 257 asociacións